Para outras voces estas circunstancias poden ser reais, pero están mesturadas cunha concentración nun número limitado de profesionais que se ven producindo desde hai algúns anos. Uriarte comenta que «un estudo que se podería facer é o dos repartos dos últimos anos, quizais non contariamos máis de trinta voces nas obras máis importantes».
Nun caso similar está a actriz Elina Luaces quen advirte que agora traballa moi pouco en dobraxe pero «non foi porque eu a deixara». A actriz apunta que hai uns anos «houbo un cambio e comezaron a queixarse da fonética de algúns dobradores».