Unha asociación berciana premia a Susana Seivane pola súa promoción do uso do galego

CULTURA

12 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O día 15 de xaneiro a gaiteira ourensá Susana Seivane recollerá en Ponferrada un premio «por ser unha gran difusora do idioma galego», segundo explican desde a asociación Xarmenta de promoción do uso do galego na comarca leonesa de El Bierzo. O xurado destacou dela a súa «querenza pola lingua», que levou polos escenarios «de medio mundo» na súa traxectoria artística. Seivane, que xa confirmou que asistirá ao acto (no que tamén será recoñecida a labor da Escola de gaitas de Vilafranca e o grupo Airas da pedra, ambos bercianos), aproveitará a ocasión para presentar algúns dos temas do seu novo traballo, titulado Os soños que volven, que publicará a primeiros do ano que vén.