As novas formas de narrar asumen o protagonismo do Culturgal

Camilo Franco

CULTURA

06 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Segundo Pancho Casal o videoxogo presentado onte no Culturgal é a parte máis visible dun sistema de produción que vai tentar aproveitar todas as plataformas para que cada proxecto teña versións axeitadas que poidan ser utilzadas no PC, como no caso de ELE, na telefonía móbil, nos ordenadores de peto ou en calquera dos outros sistemas de entretenemento. Segundo Casa a intención é que no futuro «cando saquemos un produto como ELE debería ser unha película, e un videoxogo e terá unha aplicación para móbil, imos traballar os excesos como multiplataforma».

Pancho Casal adiantou o proxecto no que está traballando Continental para a DS de Nintendo. Chamarase Emotional Training e emulando a eses xogos que estimulan a intelixencia e a axilidade mental este quere que a «xente descubra cal é o seu potencial emocional e poida traballar con el de maneira que lle sirva de orientación ao tempo que de diversión».

No Culturgal presentouse onte a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, conformada por cerca de medio cento de persoas que proceden na súa maioría da xestión cultural nos concellos. En primeiro lugar a asociación quere funcionar como plataforma de representación dos profesionais da xestión e, como segunda, esta asociación terá un carácter aberto para que poidan integrarse nela profesionais procedentes doutras institucións e tamén do ámbito privado para representar toda a amplitude do sector.

A presidenta deste novo colectivo é Pilar López e a intención do mesmo é, sobardar o papel de plataforma e prestar tamén servizos relacionados coa xestións cultural tanto de asesoría técnica como legal.

Segundo os integrantes do novo colectivo, reunidos onte en Culturgal, esta é un sector que ven traballando de vello na cultura pero «non resulta moi visible». O colectivo reclama a necesidade de que se conta coa experiencia da xestión realizada nos últimos anos.

O outro protagonismo da xornada foi musical, como un adianto da cita que esta noite pretende ofrecer un resumo da produción musical galega. Music.gal ten a intención de ser un evento interdisciplinar coa música como centro e con aportacións literarias e teatrais.