Unha participación activa da TVG na axuda a proxectos

La Voz

CULTURA

23 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Antón Reixa e Pancho Casal coinciden en que a achega da Televisión de Galicia mellorou nos últimos anos. Para o primeiro a televisión galega «cumpre coas audencias» e para o segundo «a diversificación dos formatos que está realizando implica que esteamos en mellor situación que Canal Sur ou Tele Madrid».

Para os produtores sería necesario que a TVG actuase de maneira máis coordinada coas outras entidades porque, segundo Domínguez, «non se entende que un proxecto respaldado por Cultura non sexa apoiado tamén pola televisión e viceversa». Para as produtoras «os proxectos necesitan de todos os respaldos para ter tamaño suficiente para ser exportados».