O «agroglamur» asalta Europa

Juan Oliver

CULTURA

A asociación cultural Couto Mixto de Bruxelas leva á capital belga as curtas galegas gañadoras do Festival de Cans 2008

18 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O festival de curtas de cine que se celebra cada mes de maio desde o ano 2004 na aldea porriñesa de Cans -450 habitantes- xa tiña gañanda unha merecida sona. Primeiro, pola súa enxebre orixinalidade. Segundo, pola súa defensa da cultura galega e pola aposta polos creadores noveis. E terceiro, por terse atrevido a contrapoñer sen medo o agroglamur galego, cos seus chimpíns, motocarros, e tractores, ao endiosado universo estelar da jet set da industria do cine, que polas mesmas datas se da cita sobre unha alfombra vermella orillada de flashes e limusinas na localidade francesa de Cannes.

Ata o de agora, sen embargo, o éxito do Festival de Cans apenas tiña traspasado as fronteiras de Galicia. Pero o pasado xoves deu o salto a Europa coa proxección das curtas gañadoras da edición do 2008 no emblemático Teatro Vendôme de Bruxelas, no barrio de Ixelles, o máis activo da vanguardia cultural da capital belga.

Couto Mixto

A iniciativa partíu da asociación Couto Mixto de Bruxelas, fundada hai un ano por unha treintena de galegos expatriados na cidade, e que pretende convertirse en emisora cultural da galeguidade, achegando as manifestacións da cultura galega aos centros de decisión en Europa.

«Quixemos reunir á xente que ten capacidade multiplicadora e mostrarlles á existencia dunha industria audiovisual galega, probablemente moi alonxada da idea que teñen de Galicia», asegurou Serafín Pazos, un dos socios de Couto Mixto. Nos vindeiros meses, a asociación pretende tambén celebrar unha exposición de banda deseñada e un festival de música electrónica.

No que se refire ás curtas, a sá de proxección do Vendôme quedouse pequena para acoller a un público multinacional que puido ver dun tirón as curtas do palmarés do 2008: Sálvame, de Javier Veiga; 1977, de Peque Varela; A revolta dos mouses, de David Gen; Calamar, de The Homens, e España a las ocho, de Elodio y los seres queridos. Además, se proyectaron Agroglamour y Máis Cans que nunca, de Luis Otero, documentais ao estilo cómo se fixo sobre as circunstancias, obxectivos, preparativos e aspiracións do certame.

Festival itinerante

«Queremos facer un festival itinerante, porque non somos un certame internacional, pero si queremos internacionalizar os nosos contidos», suliña Alfonso Pato, o director. O Festival de Cans xa ten viaxado a Madrid e a Lisboa, e, segundo afirma Pato, prepara celebrar actos similares ao de Bruxelas en Barcelona, Berlín, A Haia e Santiago de Chile.