As dúbidas entre o descoñecemento e o desprezo

La Voz

CULTURA

20 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A polémica arredor das declaracións de Steiner foi matizada onte por algúns dos autores consultados, que expresaron que hai unha diferenza entre descoñecemento e desprezo.

Xabier Docampo asegurou que se fai «difícil crer que un especialista como Steiner non teña referencias da cultura galega como para dicir o que dixo».

O narrador Riveiro Coello expresaba en termos parecidos esa idea de que alguén que pasa por ser un dos grandes especialistas internacionais «non teña noticias da cultura galega».

Xosé Carlos Caneiro explicou que le a Steiner «e cando o les, cando segues os seus razoamentos, é difícil crer que a súa contestación fose tan irreflexiva como di no comunicado de desculpa».