Manuel Martínez reúne en «Ghats» e «24 10 06» dúas viaxes á India e o entorno máis cotián


Dous volumes, Ghats e 24 10 06, que veñen de ver a luz da man da editorial Candeia, reúnen por primeira vez a edición da obra do deseñador e fotógrafo Manuel Martínez. Nelas, o autor relata historias persoais a través das imaxes.

24 10 06, editado en pequeno formato (18 x 13,5 cm) cartonado con textos de Anxos Sumai, constitúe un universo de imaxes sorprendentes extraídas dunha contorna próxima e inmediata. Trátase dun libro en branco e negro cunha inquietante visión sobre a desaparición e a porosidade da existencia. Ruínas, sombras, camas desfeitas, pegadas na area, fendas, árbores invernais, horizontes desolados ou nubes de luz ameazante trenzan o libro como un desacougante exercicio de cicatrices e beleza estraña. Ghats (19,5 x 21,5 cm, tamén cartonado) é o resultado de dúas viaxes pola India, a Rajastán e a Varanasi, a cidade máis sagrada para morrer da relixión hindú. As fotografías en cor como crónica desa viaxe mostran unha xeografía fundamentalmente humana. Os textos que acompañan as fotografías son de Antón Lopo, Anxos Sumai, Xerardo Fernández e Roberto Ribao.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Manuel Martínez reúne en «Ghats» e «24 10 06» dúas viaxes á India e o entorno máis cotián