Recompilacións terminolóxicas que abranguen desde o agro ao sexo

La Voz

CULTURA

10 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Aló polo ano 1988, a Dirección Xeral de Política Lingüística que dirixía Adolfo de Abel Vilela lanzou a campaña «Mellor en galego». Entre o material que se puxo en circulación figuraban libriños que recompilaban vocabularios específicos de diversas actividades e sectores, ademais de 16 trípticos nos que se recollía léxico de diversos ámbitos: Almacéns, Avicultura, Baloncesto, Cafetería/Bocadillos, Cine, Circo, Comestibles, Herboristería, Motor, Orquestra, Restaurante/Hostelería, Rótulos, Teatro, Televisión, Tenis e o Viño. Houbo volumes dedicados ao deporte, á música e espectáculos, ao vocabulario comercial, e ás pesas e medidas.

En 1996 pode sinalarse a saída do prelo da man de Positivas do libro Por un vocabulario galego do sexo ; a terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer en edición de Olga Novo. En épocas posteriores, numerosos colectivos e asociacións profesionais quixeron fixar as palabras e conceptos próximos á súa actividade.