Reconverter o Panteón de Galegos Ilustres no Panteón da Galeguidade sen alterar o seu fin

La Voz

CULTURA

20 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

No libro Os símbolos de Galicia, presentado onte, o presidente da Academia Galega propón un cambio de denominación para o Panteón dos Galegos Ilustres e tamén unha conversión do seu estatus e mais da forma en que garda a memoria dos desaparecidos. Segundo Barreiro explica no texto do libro, poderían darse dúas opcións para a conservación desa memoria.

Por unha banda, estarían novas construcións tipo Guggenheim ou Pompidou ou os edificios xa existentes como o mesmo panteón ou o caso británico da abadía de Westminster que funciona «como a memoria de Inglaterra».

A proposta do historiador, pretende darlle ao actual panteón a categoría de espazo da memoria galega e convertelo nun «símbolo máis da historia do país».

Neste sentido, a suxestión indica que sería necesario ampliar os nomes que están presentes no actual panteón, pero ao tempo sinalou que esa «presenza non tería que ser de facto».