La Voz lanza a historia máis completa de Galicia

La Voz

CULTURA

A obra recolle aspectos nunha antes contados nunha colección, como as relacións con América ou o franquismo

05 sep 2007 . Actualizado a las 03:48 h.

A gran Historia de Galicia non é unha enciclopedia, porque tampouco pretendía selo. Pero é unha obra que reflicte todo o que hoxe se sabe de Galicia. E non é o resultado dunha paixón política ou dunha ideoloxía senon dunha lenta e sistemática investigación». Deste xeito definiu o presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares, a obra que onte presentouse no auditorio da Fundación Caixa Galicia en A Coruña e que La Voz distribuirá entre os seus lectores. Villares, que comparte a dirección da obra co presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, dixo que presentar un libro era sempre «unha ocasión de ledicia, pero presentar unha tan grande e con tantos autores é unha festa». Os historiadores que participaron onte na presentación reivindicaron a necesidade de revisar a historia e mesmo escribila cos novos enfoques e as novas preguntas que cada sociedade faise no seu tempo, e de aí a necesidade desta nova versión da historia do país.

O propio Ramón Villares suliñou a importancia deses novos enfoques aplicados a historia de Galicia: «Esta é unha obra que ten criterio e que está feita cunha perspectiva distinta da que se tíña hai vinte anos». O presidente do Consello da Cultura fixo fincapé no feito de que a obra recolla algúns aspectos da historia de Galicia nunca antes contados nunha obra destas características como a autonomía, o franquismo, as esenciais relacións de Galicia con América ou aspectos poco coñecidos da sociedade galega do Antiguo Réxime.