Fernando Pérez (PP): «Vivir aquí é un plus na calidade de vida da xente»

D. V. VILASANTAR

VILASANTAR

Vilasantar es un municipio de intenso duelo entre PP y BNG, que tienen seis y tres concejales, respectivamente. La despoblación constituye el principal reto frente a la previsión de caer por debajo de los 1.000 habitantes (1.225, actualmente) en diez años

20 may 2019 . Actualizado a las 16:07 h.

Fernando Pérez Fernández (Vilasantar, 1972) concorre para conseguir por terceira vez alzarse coa alcaldía, que dirixe dende 2011. Renova sete persoas da súa candidatura e logra rebaixar a media de idade ata os 39 anos.

-Como foron estes catro anos?

-Está claro que foron bastante complicados, non só para Vilasantar, senón para o resto de concellos rurais, unha das características que padecemos todos é o descenso tan agravante de poboación e a falta de oportunidades. Pero podemos dicir que o balance foi positivo, porque polo menos as actividades, os servizos e as oportunidades están a vista. Podemos dicir que temos un concello saneado, porque tivéramos bastantes problemas económicos hai catro anos e temos conseguido unha economía saneada.

-Como se conseguiu?

-Fixemos uns gastos máis responsables, renegociamos algúns como o tema eléctrico e a telefonía.

-Que quedou por facer?

-Todos os concellos do rural queremos crear para os nosos veciños oportunidades de traballo e tamén asentar nova poboación. Hai un lema que di que ninguén marcha de onde vive se ten traballo e iso é o que temos que buscar: oportunidades e traer xente. Creamos unha serie de lemas, concello acolledor, emprendedor, atractivo e coidador. Temos que mobilizar a vivendas desocupadas, crear unha bolsa municipal de vivendas para o aluguer, tamén incentivos fiscais para as empresas que se asenten ou para que amplíen as que están e dean traballo aos nosos veciños, coas parcelarias temos terreos máis amplos e que permiten máis oportunidades. Non pode haber fincas improdutivas no rural, hai que dar formación de novos aproveitamentos, porque non pode ser todo eucalipto e pataca. Ademais, queremos retornar o PXOM e gustaríanos ter un pequeno solo industrial para iniciativas locais. Tamén hai que promover, dende a nosa singularidade, o turismo. Somos un concello de ríos e muíños e aínda hai pouco que homologamos unha ruta de muíños e témola que seguir poñendo en valor, ampliándoa, amañando algunhas das construcións, e facer un museo explicativo. Traballar coa imaxe de Vilasantar, un refuxio natural.

-E en canto a servizos?

-Somos un concello avellentado e pretendemos asinar un convenio da Xunta para o uso e ampliación de vivenda asistencial que temos, para convertela nun centro de día. Tamén queremos crear o programa de acompañamento para os maiores, onde voluntarios, que poden ser incluso os da recen creada agrupación de Protección Civil, visítannos, para prestarlles apoio afectivo e aliviándoos dos aillamento da idade, ademais de facerlles xestións. Tamén é moi importante o tema do colexio de Présaras, que é o que da vida a Vilasantar, queremos incentivar a matriculación de nenos da comarca. Resaltando as cualidades do cole, como é o servizo de madrugadores, actividades deportivas e culturais adaptadas aos horarios do cole e servizo de conciliación todo o ano. Resaltar o feito de que vivir en Vilasantar ou no rural é un plus de calidade de vida, temos os mesmos servizos, actividades e equipamento como calquera outro concello urbano ou semiurbano, a diferenza é que temos uns prezos algo máis baixos.

-Volven ao debate electoral as fusións de municipios, mantén que son necesarias?

-Claro que son boas as fusións, pero non a ten que facer o concello, senón alguén superior, a Xunta ou o Estado. Teñen que facelo de maneira racional e planificando, non ao chou entre dous alcaldes que se coñecen. Hai que facer un estudo moi pormenorizado de todo. Nós estamos para darlles datos que nos pidan, pero o tema ten que vir de arriba. Hai que facer concellos máis razoables, territorialmente integrados nunca zona, hai que planificar.