Comeza a pavimentación da estrada entre Guitiriz e Sobrado dos Monxes

A Deputación prevé iniciar os traballos o luns nun treito de seis quilómetros que obrigará a cortar o tráfico

Obras de la Diputación de Lugo en la carretera de Guitiriz a Sobrado dos Monxes
Obras de la Diputación de Lugo en la carretera de Guitiriz a Sobrado dos Monxes

Lugo

A Deputación de Lugo comezará este luns, se as condicións meteorolóxicas o permiten, os traballos de pavimentación con aglomerado en quente na estrada provincial LU-P-2302, que une Guitiriz co Concello de Sobrado dos Monxes, na provincia da Coruña, ao seu paso por Mariz. As actuacións realizaranse nun treito de preto de 6 quilómetros, entre os puntos 3,5 e 9,2. Por mor destes traballos manterase cortado este tramo durante cinco días laborais en horario de xornada laboral.

A Deputación inviste para esta obra de rehabilitación do firme preto de 200.000 euros. Tras os traballos de limpeza de cunetas e a pavimentación con aglomerado en quente, procederase ao incremento da seguridade co repintado da sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas.

Con estas actuacións, a Deputación busca mellorar as comunicacións viarias entre todos os veciños e veciñas da provincia de Lugo, garantindo a igualdade de oportunidades e favorecendo a dinamización do sector da construción, e en consecuencia o tecido económico.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Comeza a pavimentación da estrada entre Guitiriz e Sobrado dos Monxes