Paderne, un paraíso entre ríos en busca de un revulsivo

PADERNE

-

PSOE, PP y BNG coinciden que una de las prioridades es buscar que se asiente población

15 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Paderne es «paraíso entre ríos» de 2.420 habitantes. Aquí el cambio de alcalde está asegurado. El actual, el socialista César Longo, anunció que dejaba la alcaldía tras 24 años, dejando la puerta abierta a los candidatos que se presentan por el PSOE, el PP y el BNG.

Candidatura del PSOE de Paderne para el 28M.
Candidatura del PSOE de Paderne para el 28M.

Sergio Platas (PSOE): «Ofrecemenos compromiso, dedicación, transparencia e, sobre todo, profesionalidade»

Sergio Platas (Paderne, 1981) leva 12 anos como concelleiro, catro sendo responsable de Economía e facenda, e 8 asumindo Servizos Sociais.

—Como ve a campaña?

—Con ganas de traballar, con moita ilusión, facer cousas e ganas de falar cos veciños porta a porta. A transición de candidato fíxose dun xeito correcto, con toda a agrupación, con primarias e gañando con máis dun 80 % dos votos. Cumprindo e axustándonos ás bases do noso partido.

—Que lle falta a Paderne?

—Dende a nosa parte que os veciños volvan a recuperar a ilusión pola política e por seguir estando en Paderne. Os Servizos Sociais están encamiñados, pero necesitan dun impulso e facer cousas diferentes, novas. Creo que hai que seguir apostando pola comunicación cos veciños, porque a tiñamos algo esquecida, e, sobre todo, escoitalos. Son os que pagan os impostos e os que teñen dereito a saber en que se gastan os seus cartos. Tanto os veciños como o Concello teñen que facer un tándem para sacar algo bo para Paderne. Non ten sentido que os políticos traballemos se non é na liña que queren os veciños.

—Cara onde debería ir Paderne?

—Eu creo que temos que dotar a Paderne de servizos para que a xente se quede aquí a vivir. Dende os máis pequenos ao maiores, instaurar o de madrugadores, fomentar as unitarias e dar servizos. É un Concello que ten a poboación dispersa, que ten preto Betanzos e concellos máis potentes ca nós e que teñen servizos que non temos, e hai que intentar que se asente poboación. O rural hai que fomentalo para que a xente queira volver a estar aquí.

—Cales pensa que son as potencialidades?

—Eu levo Servizos Sociais e creo que é algo básico, na axuda no fogar, que haxa quen se faga cargo dos maiores para que os novos podan seguir traballando, ao igual que a educación. Son concellos que non temos nin moita industria nin moita empresa, a que temos haina que potenciar. Estamos na Reserva de Biosfera e temos empresas no concello que son potentes, pero hai que darlles axuda e servizos para que veña a xente para aquí, senón estamos perdidos.

—Como ve o resto de candidatos, son tres na contenda. Nos anteriores comicios quedaron empatados en canto a número co PP, como o ve agora?

—Nas últimas faltaron poucos votos para sacar a maioría absoluta e agora mesmo partimos con ilusión. Temos un equipo renovado, que combina xente nova con xente que estaba antes no partido. Creo que é importante, con diferenza ao respecto das outras listas que nós temos somos un equipo de xente formada e con ilusión por facer cousas por Paderne. É certo que somos tres candidatos e o único que vivo no Concello son eu. Os demais non viven nin sequera no Concello e penso que partimos cun punto a favor noso, porque sabemos o que é residir aquí incorporamos xente moita nova, porque consideramos que lle hai que dar voz e non perdemos a esencia do que era o partido. O cambio de candidato ten que ser algo positivo, e a renovación da lista tamén. Non sei o que van dicir os veciños, que son os que poñen o resultado e os que nos van a subir aos altares ou baixar deles. A nosa forma de gobernar vai ser compromiso, dedicación, transparencia e, sobre todo, profesionalidade e contacto cos veciños.

 

Candidatura del PP de Paderne al 28M.
Candidatura del PP de Paderne al 28M.

Pedro López (PP): «O que colla o Concello ten que facer un cambio completo, da A a Z»

Pedro López (Paderne, 1963), candidato do PP por Paderne, é a cuarta vez que vai como candidato. Desta o seu lema de campaña é Paderne entre todos.

—Que sensación ten desta vez co cambio do candidato do PSOE?

—As sensacións positivas para nós, pero independentemente do candidato que leve o PSOE. Levamos anos traballando no Concello de Paderne, expoñéndolles aos veciños os nosos compromisos, que queremos ter con eles, e cada vez que me presentei as eleccións foi sempre tendo mellor resultando que a ocasión anterior. De feito somos o partido que máis crecemos en Paderne, cando comecei no ano 2011 comecei con 3 concelleiros e o PSOE tiña 8, e chegamos a este último mandato onde o PSOE ten 5, nos 5 e o que decidiu quen gobernaba en Paderne foi o BNG cun concelleiro.

—Como viu este último mandato?

—Pobre, como os anteriores, se cabe máis pobre aínda. Paderne segue tendo graves carencias, incluso nas cousas de primeira necesidade nun concello, como pode ser auga, saneamento e limpeza de espazos públicos. En definitiva, o que colla o Concello de Paderne, e as nosas sensacións son boas para que sexa o PP quen estea ao fronte, ten que facer un cambio completo, dende a A a Z,  temos que mellorar moitas cousas. É unha decadencia total, e neso inflúe que ao PP a xente o está vendo como equipo gañador e estamos loitando ata o último segundo, e o último día para que ese cambio efectivo no Concello de Paderne sexa, é necesario.

—Como definiría o Concello agora e como pensa que debería ser no futuro?

—Paderne é un sitio privilexiado. Estamos situados nun entorno verdadeiramente espectacular, leva o lema de paraíso entre ríos e iso é o que debería ser. Estamos situados fisicamente entre o Concello da Coruña e o de Ferrol, e toda a zona de Ínsua e de Souto son zonas que se poderían desenvolver máis do que se fixo estes anos, pero para iso hai que ter servizos.

—Cree que debería optar a ser un concello residencial?

—Tiña que ser un conxunto de cousas, temos o partido xudicial de Betanzos, a comarca de Betanzos e que ter influencia en todos os desenvolvementos que se poidan conseguir, ten que estar aí e figurar dalgún xeito, non sempre ir a remolque, sen buscar alternativa. Concellos do mesmo tamaño que o noso dedicáronse a facer algún polígono industrial, accesos a autovía e, no seu momento, en Paderne non se logrou que tivera unha saída a autoestrada a Ferrol. Temos que intentar aproveitar sinerxias do noso entorno e da nosa zona. Fixar poboación coa propia xente de Paderne. Fíxose un plan xeral en 2009 que non ten sentido, fíxose buscando polígonos residenciais, e non se fixo ningún dende o 2009 ata hoxe. O que temos que facer é modificar ese plan xeral para que a xente que ten un terreo ao lado da súa casa poida construír, porque agora na maioría non pode. Hai moita xente nova que opta por ir a comprar a súa residencia en Betanzos ou a un concello limítrofe que ofrece outros servizos. A todo iso temos que darlle unha volta.

 

Candidatura del BNG de Paderne por el 28M.
Candidatura del BNG de Paderne por el 28M.

Manel Pérez (BNG): «Non hai que entrar no goberno só por entrar, na política estase para facer cousas»

Manel Pérez (Irixoa, 1973) suma a súa terceira candidatura á alcaldía por Paderne polo BNG.

—Como ve o Concello tras este mandato?

—Véxoo igual que hai catro anos. Hai cuestións importantes pendentes, como que o saneamento ou que a rede de auga chegue a todo o mundo. Urxe a rotonda de Ínsua e tamén fai falta que haxa un centro de día. A día de hoxe contamos cunha escola co servizo de madrugadores en Areas, pero temos outra de pequenos de  3 a 5 anos en San Pantaleón e é importante que tamén conte con ese servizo. Hai que promover políticas para os rapaces e a xente maior.

—E en canto a infraestruturas?

—Penso que se fixeron neste tempo moitas obras, pero non só é importante facelas, senón mantelas. Se cadra era mellor facer algunha menos e conseguir mantelo feito.

—Como ve Paderne?

—Eu vivo en Paderne e traballo na Coruña. É unha zona residencial, porque non temos moitos postos de traballo, non temos un polígono e hai moi pouco traballo. O que había que facilitar é a entrada as vivendas, se cadra creando un banco de vivendas.

—Como viu este mandato?

—Ao perder a maioría algo cambiou, empezaron a aglomerar as pistas, pero temos o saneamento en moitos sitios sen facer e iso suporá que se terá que rachar de novo o feito e iso non gusta. Os cartos non caen do ceo. 

—Cre que hai máis movemento pola marcha de César Longo?

—Eu cando foron os anteriores comicios pedín para chegar a un pacto que se apartase César, pero ao seguir só se chegaron a pactos concretos. O candidato do PSOE actual sae desa lista, cambian as caras pero están no de sempre. Aquí o voto está bastante consolidado e nós seguimos subindo. Penso que non hai que entrar no goberno só por entrar, na política estase para facer cousas. 

Recibe cada tarde en tu correo la newsletter Elecciones 28M con el adelanto en exclusiva de la encuesta de Sondaxe para La Voz y el resumen diario de la campaña en Galicia. Si todavía no eres suscriptor, suscríbete por solo 2€/mes.