A muiñeira cruzada volveu a bailarse de novo en Samede

PADERNE

dolores vazquez

Bailadores de Paderne e de Son D'aquí recuperaron unha tradición 60 anos esquecida

06 mar 2017 . Actualizado a las 21:28 h.

Vicente da Portela, como informante, foi quen de guiar de novo aos bailadores que quedan no núcleo de Samede, en Paderne, e aos da Asociación Son D’aquí, que lles serviron como acompañantes, para sacalos puntos da muiñeira cruzada, unha danza do entroido recuperada tras case sesenta anos e que xa só os maiores lembran.

O traballo de documentación feito por Emilia Cagiao, incentivado polo veciño Pedro de Maceira, permitiu onte, fronte ao Bar Beade, ver un baile propio dun lugar que sempre presumiu de festeiro e que ten figuras propias de entroido, como as máscaras, os carolos ou o Policarpio, o espantallo entronizado como imaxe desta festividade. Tras un primeiro achegamento, o ano pasado, celebrando de novo o entroido, que onte completouse coa interpretación da muiñeira, os veciños de Samede queren recuperar uns costumes que lles deran sona, no pasado, en toda a contorna.