Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños): «Os resultados non teñen que ver coa sorte, senón coa constancia»

Elena Silveira
Elena Silveira OLEIROS

OLEIROS

MARCOS MÍGUEZ

O alcalde de Oleiros espera revalidar a maioría absoluta e anuncia una costa accesible para todos

18 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Leva máis de tres decenios na política municipal. «Non! Son case corenta anos», puntualiza Ángel García Seoane (Oleiros, 1952). E, segundo asegura, pódenlle quedar outros tantos se continúa acadando maiorías absolutas como a obtida nas últimas eleccións municipais. De feito, cando un lle pregunta se non ten pensado xubilarse con 67 anos feitos, este músico de profesión di de forma categórica: «Os políticos nunca se xubilan. A min terá que xubilarme o pobo de Oleiros».

-É vostede persistente.

-Eu son un dos políticos que necesita o país. Non un demagogo ou un vividor como moitos que hai por aí.

-Entón, non lle pregunto polos seus rivais políticos nas próximas eleccións...

-[Silencio].

-Que expectativas ten vostede? Outra maioría absoluta?

-Os veciños páranme e felicítanme. Fan moitos comentarios positivos e deséxannos sorte.

-É que con vostede non hai grises. Ou se está con vostede ou contra vostede.

-Dende logo hai xente que está totalmente en contra de min, pero na rúa sinto o respecto que ten a xente por Alternativa dos Veciños.

-Hai quen di que so se presenta noutros municipios para poder aumentar a representación do seu partido na Deputación coruñesa.

-Si, iso é o que din os meus inimigos. Pero a realidade é que é importante para o desenvolvemento da comarca. A Deputación ten recursos e hai que distribuílos adecuadamente, sen caciquismos. E con dous deputados temos más posibilidades de lograr cousas para a comarca coruñesa, non só para Oleiros.

-Xa ten botadas as contas de cantos votos necesita?

-Nas últimas eleccións tivemos máis de 14.000. Para o segundo deputado necesitariamos 23.000.

-Quen ocuparía ese escano?

-Iso decidiríase despois.

-Despois de tantos anos, que lle queda por facer en Oleiros?

-Aquí non está todo feito! Imos desenvolver unha política medioambiental ambiciosa para facer toda a costa de Oleiros pública, para facer un paseo fluvial dende Iñás á Pasaxe e que o paseo dende Naval chegue ata Breixo. Que os 26 quilómetros de costa sexan accesibles e estean conectados. Aínda que todas as parroquias teñen infraestruturas deportivas, imos amplialas e abordaremos o campo de fútbol de Dorneda. Tamén se fará en Bastiagueiro unha pista de patinaxe e bicicleta de velocidade. E nos temas sociais e culturais seguiremos avanzando. Por exemplo, seguiremos investindo nos nosos maiores, con actividades, excursións, visitas, rutas de sendeirismo, centros sociais... Hai moito traballo e ímonos implicar con eles.

-Dá a sensación de que Oleiros é unha balsa de auga.

-Temos unha cantidade de rapaces excelente. Moitísimos deportistas e campións nacionais. Pero hai cousas que nos preocupan, como o aumento da droga. E tentaremos varrer ese problema.

-Como consegue un manterse na política tanto tempo sen desgastarse? Parece vostede incombustible.

-Dende que entramos tivemos sempre un proxecto social que fomos conseguindo. Os nosos resultados non teñen que ver coa sorte, senón coa constancia, de ter fe no que fas, que che sigan as persoas e ofrecer información a través de todos os medios que un poida.

-O PP xa o ten denunciado varias veces ante a Xunta Electoral por esa información que vostede dá.

-O PP está obsesionado con que me inhabiliten. Xa empregaron esta táctica antes. Pero o meu discurso ten paixón, digo o que sinto para que me voten. Non digo o que a xente quere escoitar para convencer. Eu non pretendo convencer, tan só dicir o que penso.

-Dende logo, sorprende a súa defensa do proxecto da vía Ártabra que ten a Xunta.

-Hai que traballar para que esa vía sexa unha realidade e conecte despois na Rocha. O que non pode ser é poñer paus nas rodas, que é o que fai Cambre.

-Din que o necesita para apoiar aos promotores e dar saía a todas a vivendas proxectadas en Xaz.

-En Oleiros levamos facendo urbanismo moitos anos, e aquí o que faltan son infraestruturas.

-Haberá unha grande área metropolitana?

-Habería que achegar esforzos e poder poñer as condicións para iso. Pero na Coruña, por exemplo, o PSOE e o PP levan catro anos impedindo gobernar á Marea. E agora vén outra socialista [en referencia a Inés Rey] que nin sequera inclúe no seu programa Alfonso Molina ou a ponte da Pasaxe.

-Non a coñece?

-Non, nin desexo coñecela.

-Pois parece que o PSOE está en racha, trala vitoria de Sánchez.

-As eleccións nacionais nada teñen que ver coas municipais. Sánchez non vai gobernar na Coruña ou en Arteixo. De que lle valeron a Galicia os amigos de Madrid? De nada, porque temos os peores Presupostos nacionais para Galicia de toda a historia.

José Bonome González (PP): «Vengo con un programa de continuidad, al largo plazo; vengo para quedarme»

MARCOS MÍGUEZ

José Bonome González (A Coruña, 1970) es veterinario y, actualmente, director comercial en una empresa de productos de alimentación para animales. Está casado y tiene una hija. Aunque seguidor del PP desde hace tiempo, fue en septiembre cuando se afilió y asumió el reto de liderar la candidatura popular en Oleiros.

-Es una plaza dura de torear...

-Sé que todavía no soy muy conocido. Pero vengo con un programa de continuidad, a largo plazo y realizable. Vengo para quedarme. Nunca me dediqué a la política, solo llevo ocho meses trabajando con mi equipo, pero son personas muy válidas.

-¿Y por qué decidió dar este salto?

-Soy vecino de Oleiros y creo que con una gestión más transparente se podría vivir mejor.

-¿Cuáles son los puntos clave de su programa?

-Pues algo muy importante es la transparencia. Llevamos 40 años de un gobierno de oscurantismo y dominio de un partido que piensa que Oleiros es su casa. Pero los vecinos no conocen la realidad de este Ayuntamiento. Es verdad que existe un PGOM, con un desarrollo aceptable, pero no se tuvieron en cuenta las necesidades en movilidad. Y con el crecimiento demográfico ahora hay servicios básicos, como sanidad, agua o alcantarillado, que son insuficientes. Y, desde luego, la gestión económica es mejorable, porque Oleiros vive de las licencias urbanísticas pero cada vez hay menos terreno urbanizable. Además, nunca se fomentó el empleo o los negocios locales. Y, en cuanto al deporte, hay parroquias que están discriminadas. En definitiva, lo que queremos es gobernar para todos.

-¿Y cómo piensan promover el comercio local?

-Tenemos previsto aplicar un plan de reducción de impuestos municipales, especialmente en el IBI. Y en deportes, por ejemplo, queremos convertir Oleiros en la capital del deporte del área metropolitana construyendo un centro de alto rendimiento donde nuestros deportistas puedan entrenarse y donde se puedan realizar competiciones nacionales e internacionales.

-Han presentado varias denuncias ante la junta electoral contra Alternativa dos Veciños.

-Hace años que denunciamos el uso partidista de los medios municipales y de comunicación. A la oposición nos tienen vetados. Y lo denunciamos ante la junta electoral porque lo seguían haciendo. Prácticamente nos dieron la razón en todos los casos y la única que nos rechazó la hemos recurrido. Existe un abuso de los medios municipales y un uso partidista por parte de Alternativa dos Veciños. Y no buscamos rédito electoral denunciando esto, sino mostrar la verdad, lo que ocurre, y que la gente lo sepa. Pero nuestra campaña no se basa en esto, sino en ir puerta a puerta presentando el programa electoral.

-¿Qué va a pasar el próximo 26 de mayo? ¿Mejorarán los últimos resultados?

-No lo sé. No me atrevo a hacer quinielas. Pero realmente no es tan importante el resultado que obtengamos. Insisto: vengo con un programa a largo plazo. Llevamos un equipo joven, renovado y diverso. Conjugamos la experiencia que tienen, por ejemplo, Tristana y Jorge, con gente nueva que aporta muchas ideas y un compromiso por mejorar nuestro ayuntamiento.

-¿Es verdad que votantes ideológicamente afines al PP en Oleiros votan a otros partidos?

-Nos encontramos esos casos. Sí. Es gente que reside pero no vive en Oleiros y se conforman con lo que tienen. Lo que estamos haciendo nosotros es plantearles que con una mejor gestión se puede vivir mejor. Y el recibimiento que estamos teniendo es muy bueno. La gente nos agradece mucho la información que les ofrecemos.

Jorge Pérez (PSOE): «Oleiros necesita un cambio radical de enfoque»

Es la segunda candidatura del PSOE que encabeza Jorge Pérez Méndez (A Coruña, 1976) en Oleiros. Asesor laboral y fiscal, es afiliado socialista desde el 2002 y prefiere no hacer cábalas sobre si conseguirá superar los dos concejales actuales en la corporación.

-¿Cree que les podría beneficiar la victoria de Pedro Sánchez en las nacionales?

-Evidentemente, creo que ese impulso nos va a ayudar.

-Resuma las grandes propuestas de su programa.

-Imposible. ¡Tenemos 150! Y todas son esenciales. En materia de empleo favoreceremos a nuevos emprendedores con ayudas y reduciremos las tasas por creación de empleo; pretendemos descentralizar el Concello creando oficinas de asesoramiento en núcleos de más de mil habitantes; apostamos por la reforestación del municipio y prevemos crear medidas de prevención de incendios así como zonas acotadas para mascotas y el sacrificio cero en colaboración con asociaciones protectoras de animales, o la regeneración de Santa Cristina.

-¿Qué necesita Oleiros?

-Un cambio radical de enfoque. El gobierno actual está agotado, caduco, con políticas sectarias y caciquiles. Es necesario aplicar medidas de conciliación laboral y creación de empleo.

-¿Qué aportaron este mandato?

-La única oposición que tuvo el gobierno: uno estuvo desaparecido y otro con actos seguidistas.

Francisco Rey García (BNG): «Co prezo que teñen as vivendas, os mozos non se poden emancipar»

Fran Rei García (A Coruña, 1981) está opositando a auxiliar de arquivos e bibliotecas da Xunta, aínda que o compatibiliza co seu traballo en Adega como coordinador organizativo. Está afiliado ao BNG dende que tiña 15 anos e esta é a súa segunda candidatura baixo as siglas nacionalistas.

-Que saca en limpo destes catro anos?

-Fixemos un importante labor para darnos a coñecer, percorrer o municipio e ter una relación directa cos colectivos sociais para coñecer as necesidades reais das parroquias. E sobre a acción de goberno, foron catro anos de pura continuidade, sen ideas novas, e encerrados na súa maioría absoluta de despotismo ilustrado. Non contan con outras propostas a pesar do valor que poidan ter. De feito, a política urbanística é unha emenda á totalidade. Estanse permitindo cousas que Alternativa non toleraría nos anos oitenta ou noventa.

-Que propostas ten o BNG?

-Unha aposta clarísima polos servizos sociais, xa que en Oleiros non só hai xente rica; pola igualdade, xa que o plan existente está caduco dende hai tempo; pola participación veciñal e a calidade democrática, coa creación de consellos veciñais parroquiais, e a creación dun modelo de vivenda de protección, tanto na venda como no alugueiro. Porque os mozos de Oleiros non se poden emancipar con prezos en Santa Cruz, por exemplo, que non baixan dos 600 euros ao mes.

Manuel Moinelo (Ciudadanos): «Hay que potenciar el turismo de calidad»

Manuel Moinelo Allegue (A Coruña, 1955) se estrena por primera vez en las elecciones municipales al frente de Ciudadanos. Directivo de Abanca jubilado, apuesta por «sumar, consensuar y construir» y «no por competir». De su programa destaca la promoción del pequeño comercio, crear zonas de recreo específicas para mascotas, la constitución de un negociado multidisciplinar para la atención al ciudadano, recuperar el servicio marítimo entre A Coruña y Santa Cristina y Mera «para potenciar un turismo de calidad» y potenciar la imagen de Oleiros en el mundo: «Queremos realizar eventos deportivos de carácter internacional», explica. Ciudadanos también apuesta por abrir el Concello de Oleiros «a todos como ciudadanos libres e iguales que somos».