José Antonio Santamaría: «O fútbol está na cabeza, non nos pés»

Dirixe ao Oleiros, conxunto co que está inmerso na loita pola fase de ascenso


José Antonio Santamaría (San Pedro de Muro, 1964) leva máis de media vida vivindo o fútbol a pé de céspede. Dirixe ao Oleiros, conxunto co que está inmerso na loita pola fase de ascenso.

-¿Como valora a campaña?

-Fomos moi irregulares, pero no cómputo global estamos ben. Adestramos, aínda que nos falta competir mellor. Chegou moita xente nova. Do equipo do ano pasado só quedaron seis.

-¿Que meta se marca?

-De partida non temos ningunha. Renovábamos e debemos adaptarnos. O primeiro é facer un bloque. Hai que mellorar.

-¿Que puntos concretamente?

-Fannos gol con facilidade. Na zona de atrás non temos defensas puros. Agora están xogando tres rapaces que en realidade son centrocampistas, pero é algo de ir pouco a pouco.

-Están a tres puntos do segundo. Aínda son candidatos ao ascenso.

-Creo que antes están o Artes e o Aguiño, que son os que teñen os mellores equipos, así como o Lampón. Ao final da tempada o fútbol pon a cada un no seu sitio. Polo momento estamos cinco ou seis clubs en tres puntos.

-O próximo rival que teñen é o Palmeira, que vive unha gran racha de vitorias.

-Si, veñen nunha dinámica boa. É un equipo que se che leva ao seu terreo gánalle a calquera. Pelexan todo, métenlle moito empurre... Son especialistas nas súas cousas...

-¿Que fútbol lle gustaría que fixera o seu equipo?

-O que sexa para gañar. Os adestradores temos que axustarnos aos xogadores. Cando tes xente para tocar, sales dende atrás. Cando non, pois repregas e tiras da velocidade. Hai que adaptarse. Cada partido é un mundo.

-¿Canto tempo leva adestrando?

-Dende os 22 anos, deben ser 36 ou 37 tempadas ininterrompidas.

-Dise pronto.

-Hai que estar chalado, pero aos que nos gusta... O que máis doe son os rapaces con condicións que quedan no camiño. O fútbol está na cabeza, non nos pés.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

José Antonio Santamaría: «O fútbol está na cabeza, non nos pés»