José Moure, Butra: «Traballamos mirando ao futuro»

p. b. RIBEIRA / LA VOZ

OLEIROS

CARMELA QUEIJEIRO

O adestrador do Cures analizou a plantilla da actual tempada

26 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

José Moure Pedrouso (A Pobra, 1980), máis coñecido como Butra, xa levara tres cursos as rendas do Cures de Terceira Galicia. Esta tempada regresou a Pomardorrío para liderar un proxecto deportivo de futuro, asentado en mozos da zona. Aínda que ocupan a penúltima praza da táboa, a melloría que experimentou o seu conxunto foi máis que notable en choques contra rivais fortes, como Crocha, Oleiros e Palmeira.

-¿Como definiría ao bloque?

-Trátase dun equipo bastante mozo, con proxección para traballar de aquí a dous anos. Traballamos mirando ao futuro. Hai unha forte aposta local, máis do 90 % do equipo é da aldea, de Cures e Comoxo, xuvenís que militaban noutros equipos e viñeron con nós.

-¿Cales son as virtudes e carencias cas que contan?

-É un equipo moi mozo, con xogadores moi rápidos, pero cústanos un pouco traballar sen balón e quizais lles faga falla algo máis desa pillería que dan as táboas. En ataque absorberon moi ben a dinámica e funcionan.

-¿A que clase de equipo aspiran e con que obxectivos?

-Buscamos un fútbol para construír a xogada tocando dende atrás, pero do medio campo para arriba queremos aproveitar esa velocidade para xogar balóns rápidos. O obxectivo é o de levantar o equipo de cara a temporada que vén.

-¿Agardan algunha incorporación ou buscan algunha fichaxe máis para este curso?

-O certo é que si. Hai un par de semanas que eu mesmo fixen ficha. O próximo ano calzareime as botas de dianteiro para aportar algo de veteranía ao equipo. Dende fóra podes berrar e meterte no partido, pero ás veces é necesario estar dentro do campo.

-¿A que conxunto ve este ano como gañador da liga?

-Vexo ao Oleiros e sorpréndeme que o Lampón vaia tan abaixo. Co Artes é difícil saber se acabará arriba, pois adoitan a ceder nas segundas voltas.