Miño, un concello que intenta desmarcarse de la imagen del bum del ladrillo

MIÑO

Manuel V. Faraldo (PSOE), Begoña Yáñez (PP), Alberte G. Nicolás (BNG), Miguel A. Abraira (LiGanDo).
Manuel V. Faraldo (PSOE), Begoña Yáñez (PP), Alberte G. Nicolás (BNG), Miguel A. Abraira (LiGanDo).

PSOE, PP, BNG y LiGanDo concurren a unas elecciones en un municipio que tiene en la deuda pública su principal escollo

19 may 2023 . Actualizado a las 20:19 h.

Miño es sinónimo de playa y desarrollo urbanístico con el macroproyecto de urbanización de Costa Miño, que emulaba a Marina d’Or y que fue un símbolo de la crisis del 2008. También este Concello, de 6.624 vecinos, es señalado por encabezar los ránking de deuda de las Administraciones locales españolas por una mala gestión urbanística durante el pelotazo inmobiliario. En lo que era un feudo popular, ganó el PSOE en las anteriores municipales, logrando 9 concejales frente a los 4 del PP.

Candidatura del PSOE de Miño para el 28M.
Candidatura del PSOE de Miño para el 28M.

 Manuel V. Faraldo (PSOE): «Cumprimos case o 90 % do programa e a xente non ten por que truncar ese cambio que se iniciou en 2019»

Manuel Vázquez Faraldo (1962, Miño) é o candidato do PSOE por cuarta vez e opta a revalidar a alcaldía.

—A canto ascende a débeda municipal?

—20 millóns, 18,8 dos créditos con Facenda por Fadesa e 1,2 polos créditos que había cos bancos por investimentos antigos. Logramos moratorias para o pago e neste mandato pagamos preto dun millón de euros.

—É o maior problema do Concello?

—Creo que si, non ter a situación económica saneada condiciona moito as actuacións.

—Que lles permitiu facer, aínda así?

—Agora estamos negociando co ministerio para ampliar o prazo de pago e reducir a cota anual, que son 900.000 euros. Pagar hai que pagar, pero nós intentamos, sen subir impostos, manter os servizos, e iso o conseguimos porque temos fontes de financiamento alternativas vía subvención. Falamos con todas as Administracións, Deputación, Goberno central e Xunta. Estamos chamando a todas as portas, falar con todo o mundo, e grazas a esas conversas logramos subvencións e estamos financiando un montón de actuacións que se están plasmando en realidades no Concello.

—Que quedou sen facer do que tiñan previsto este mandato?

—Tiñamos algunha proposta de senda que quedou sen facer, porque todo se retrasou coa pandemia e a guerra de Ucraína e houbo que revisar moitos proxectos. Quedounos a senda de porto ata a praia Grande pendente. Tamén a de Bañobre a Telle e algunha cuberta de pista polideportiva que tiñamos pensado executar. Levámolas agora outra vez como compromiso. Tamén o enlace da autoestrada coa N-651, que son case 6 millóns de euros e está comprometido. Veu Miñones xusto antes de ser nomeado ministro a presentar o proxecto. Tamén temos outro proxecto importante, como é a remodelación da estrada da Deputación, de San Xoán de Vilanova ata Andel, que suporá renovar toda esa zona e a rexeneración da praia Grande e o cambio da pasarela, e a senda que vai facer o Ministerio de Transición Ecolóxica pola ribeira de Bañobre, dende a ponte da vía do tren ata a ponte da praia Grande. Son proxectos ambiciosos.

—Como ve a campaña?

—Similar á anterior. Creo que os cidadáns teñen elementos máis que suficientes para opinar e decidir. Cumprimos case o 90 % do programa e as actuacións feitas por nós están a vista e a xente non ten por que truncar ese cambio que se iniciou en 2019. Cremos que o resultado ten que ser claro, a xente ten bastantes elementos para poder decidir.

—Que lle falta a Miño, ademais da economía?

—Temos que desenvolver ou atraer algún tipo de industria ou comercio, se cadra unha zona loxística, porque estamos ben situados e con moitos enlaces, tanto coa vía do tren, como coa estrada comarcal e a autoestrada. Estamos preto de todo e deberíamos ter algo nese sentido. Tamén temos que desenvolver monte Piñeiro, onde van vivendas, pero o 80 % do espazo queda para lecer.

—Para cando a recuperación da bandeira azul para a praia Grande?

—O Concello e a Xunta estamos colaborando porque hai puntos concretos na desembocadura da ría onde non se alcanzan os índices de calidade necesaria e afecta a clasificación do areal.

Candidatura del PP de Miño a las municipales del 28M.
Candidatura del PP de Miño a las municipales del 28M.

Begoña Yáñez (PP):«Estou farta, trátanos como súbditos»

Begoña Yáñez (Betanzos, 1952) nunca estivo afiliada a algún partido nin foi en ningunha lista, pero agora aceptou a proposta de liderar a candidatura do PP

—Por que da este paso?

—Por varias cousas, a primeira porque sempre tiven vocación de servizo a cidadanía, son psicóloga e traballei 32 anos como técnica do Concello. Para min a xente que está agora no Concello, que é o PSOE, ademais de tomarnos o pelo aos cidadáns, están facendo auténticas aberracións, mentindo aos veciños... e isto fáiseme insoportable.

—Fala de decepción co goberno local.

—Estou farta, decepcionada total e absolutamente, que conten mentiras a nivel político alá eles, pero que nos mintan a cara e que pensen que somos tontos non. Trátanos como se fósemos súbditos deles, e creo que esa etapa xa pasou.

—Concretamente que lles achaca?

—Non foron capaces de aprobar en tempo e forma os presupostos, este ano 23 funcionamos cos de 22, e os de 21 aprobáronse en novembro de 22.

—E respecto á débeda?

—Nestes catro anos non amortizaron un só euro de débeda. Eles dicían que non amortizaban para cambiar o pobo, para facer melloras, pero tampouco se fixeron. Nestes catro anos os investimentos foron o 50 % do presuposto, e non son capaces de investir máis. A xente vai alí para que lles fagan cousas sinxelas de todo e dinlles que non hai cartos pola débeda de Fadesa. Cando a min me chamaron para coller isto o primeiro que fixen foi pedir a acta de constitución deste goberno do PSOE porque a cantinela deles foi, estes catro anos, dicir que o PP deixara as arcas baleiras e que incluso non deixaran nin bolígrafos. Eu canto traballei alí, material nunca me faltou. Cando lin a acta, a miña sorpresa é que había 2,3 millóns nas arcas municipais o día da toma de posesión do novo alcalde. Hai unha débeda pero non somos o único concello de España nesta situación e cando foi a crise do ladrillo afectounos a todos os concellos nos que se estaba construíndo e o Goberno terá que ir dando moratorias e prórrogas para ir devolvendo a débeda. Non vai intervir ningún.

—Que se marcan como prioridades?

—O primeiro é que é un programa realista. Analizamos o seu programa e só executaron un 10 %, e nós non queremos facer iso. Eu quero cousas viables. En urbanismo está todo totalmente abandonado, vas polas parroquias e é tercermundista, e o centro do pobo, igual. Non hai ningún tipo de mantemento. Unha cousa que nos parece fundamental e relevante é contar cun instituto. O colexio de Miño quédase pequeno e a xente está levando aos nenos aos concellos limítrofes. Contamos coa vantaxe de que en Costa Miño hai unha parcela que se deixou para fines educativos. E o que queremos é un instituto con secundaria, bacharelato e FP dual. .

—Máis aló da educación?

—Cubrir unha pista polideportiva, crear un estacionamento e servizo para caravanas, un área comercial en Costa Miño, un cemiterio municipal, ampliar á axuda no fogar e apoio aos emprendedores.

 

Alberte García Nicolás encabeza la candidatura del BNG de Miño para las municipales del 28M.
Alberte García Nicolás encabeza la candidatura del BNG de Miño para las municipales del 28M.

Alberte G.Nicolás (BNG): «Houbo certo descontento con este goberno»

Alberte García Nicolás (A Coruña, 1933), candidato del BNG, está ligado ao concello por cuestións familiares e dende antes da pandemia asentouse en Miño.

—Que lle parece a situación do Concello?

—O que vimos foi en 2019 foi un cambio de goberno e de siglas, pero non vimos que asentara ese proxecto e como exemplo temos que un goberno con maioría absoluta non foi capaz de aprobar uns orzamentos en tempo en forma. Tamén estamos vendo, falando coa veciñanza, que houbo certo descontento con este goberno, porque agardaban máis.

—Pensa que o tema da débeda se aborda ben?

—Temos unha débeda bastante grande, pola que seguimos no primeiro posto de débeda per cápita no Estado, e polo que avogamos é por facer un pago máis sostible. A nosa idea é pagala, pero que non repercuta no benestar da veciñanza e que non sexa a custe de recortar servizos básicos.

—Cales son os principais puntos do seu programa?

—No BNG facemos unha aposta clara e decidida polos servizos básicos, apostar polo benestar da xente, pero en concreto en Miño cremos que é preciso dinamizar todas as parroquias, non só a cabeceira municipal, para que as persoas podan vivir no e do rural. Vemos tamén a necesidade de dar cohesión, na medida do posible, á veciñanza de Costa Miño co resto da vila, dotala de servizos, como pode ser o supermercado ou reabrir a unitaria do Xarío. Tamén que o Concello sexa máis transparente e a xente participe. O Concello parece que está un pouco de costas ás necesidades da xente e deberíase facer partícipe á veciñanza non só con encontros nas parroquias ou en diferentes puntos de Miño, senón tamén intentando que poidan haber uns orzamentos participativos. Intentando que sexa a veciñanza quen decida unha parte das necesidades que vexan máis prioritarias en cada parroquia. Algo que vai no ADN do BNG é facer un Miño no seu conxunto máis accesible, promovendo a mobilidade a pé e en bicicleta. Así, propoñemos facer peonil un tramo da rúa Real, porque hai comercio e a rúa é estreita. Tamén humanizar espazos, como a zona do Rabazal, integrando o parque e as pistas. Que sexa máis humano e ampliar as zonas verdes, para que sexa un lugar agradable onde vivir. Isto sen renunciar a servizos básicos, cuestións se cadra que son doutras Administracións, pero potenciar o transporte por estrada ou dotar ao centro de saúde dun pediatra con xornada completa. Tamén fomentar a mobilidade en tren, porque temos unha vía que atravesa todo o concello e vemos que poderíamos ter un servizo de cercanías que conecte con cidades como Ferrol, A Coruña e Betanzos.

 

Miguel Anxo Abraira, con la número 2 de su lista, Jennifer López.
Miguel Anxo Abraira, con la número 2 de su lista, Jennifer López.

Miguel Anxo Abraira (LiGanDo): «Transmiten a débeda as xeracións futuras, e non lles corresponde pagala aos nosos fillos e menos aos nosos netos»

Miguel Anxo Abraira (Meira, 1969), que encabezara en tres ocasións a lista do BNG, é alcaldable para o 28M pola plataforma decrecentista LiGanDo.

—Como está vendo a campaña?

—Non está garantida a maioría absoluta para o PSOE nin moito menos.

—Entende que os veciños coñecen o colectivo?

—Creo que si. LiGanDo tivo unha presenza nas redes sociais bastante importante, temos unha campaña potente. Creo que se está dando a coñecer o noso proxecto e os candidatos con vídeos curtos de presentación e cos compromisos que imos adquirindo falando do que hai que falar, que son as propostas de futuro que temos cara Miño. Nós dicimos que queremos ser vila, non só para beneficiar a xente que vive nela, senón para beneficiar ás parroquias cos servizos desa estrutura de vila. Para iso hai que facer que as parroquias teñan o sintan, porque hai algunhas que tenden irse máis cara Pontedeume, como son Perbes, Vilanova e Costa Miño, e incluso Callobre, que tende máis cara Betanzos. Facer que todo o mundo se sinta partícipe do Concello e orgulloso de ser Miño e pasa por entrar en parroquias próximas de Vilarmaior, Paderne, Irixoa e Monfero, que entendan que pode ser unha vila que lles preste servizo.

—Que levan no programa?

—Dende que o Concello pase a consumir enerxías renovables, facer unha ampliación do abastecemento e reforzamento das tubaxes, facer un cemiterio municipal, negociar coa Xunta para meter bacharelato e algún ciclo da FP, crear liñas de autobuses circulares para que una Sada, Pontedeume, Bergondo e que benefice a Miño e tamén facer outra liña circular polo interior. E poñer a parada na rotonda da AP-9 coa N-661.

—Como viu o último mandato?

—Decepcionante. Faraldo prometeu moitas cousas, entre elas un cambio de actitude con respecto a lexislaturas pasadas. Entenderon que tiñan un mandato para facer o que lles daba a gana. Ademais, non foron capaces de encauzar o tema da débeda, aínda estes días pasados Faraldo saiu dicindo que retrasaba o pago do principal e o que estamos e transmitindo a débeda as xeracións futuras, e esa débeda non lles corresponde pagala a xeración dos nosos fillos e moito menos a dos nosos netos, pero polo camiño que colleu Faraldo vai por ese lado. E o que vende como gran logro, as sendas, é verdadeiramente unha tomadura de pelo. Desbrozar un pouco e sinalizar unhas rutas, pero hai cousas máis importantes a facer.