«O de pescar funcionou, porque viñeron arranxalo»

E. E. MIÑO / LA VOZ

MIÑO

A panadeira di que botaronlle as fochancas uns cubos de cemento, pero teme que non aguantarán ben moito tempo

07 dic 2018 . Actualizado a las 12:48 h.

Estrella Buyo estaba farta das fochancas que tiña na rúa, diante da súa panadería. Pediulle ao Concello de Miño que as reparase, pero fixérono de xeito provisional e aos poucos días volveron aparecer. Farta de que non se solucionase o asunto, colleu unha cana, unha cadeira de praia e púxose a pescar nas fochancas desde a beirarrúa.

-Tanto lle molestaban os buratos na rúa?

-É unha vergonza, pasan os coches cando están cheos de auga e salpícannos a nós, ao repartidor e mais aos clientes.

-E a idea de pescar?

-Decidín facelo porque troncei unha roda do coche nunha fochanca máis adiante.

-Funcionou a súa forma de protestar?

-O de pescar funcionou, porque viñeron arranxalo, botáronlle uns cubos de cemento, pero iso non axuda porque dentro duns días vai estar igual.

-A súa pesca fíxose viral. Tivo moitas chamadas?

-Chamoume todo o mundo, até desde Canarias.

-E do Concello?

-Non, o Concello non chamou.

-E se a reparación non dura?

-A anterior non valeu para nada. A ver como vai a cousa.