«"Historias de Miño" é un arquivo dixital de memoria local»

O proxecto, que recolle xa 30 historias da memoria colectiva, pretende servir de nexo entre os veciños

.

MIÑO / LA VOZ

Vanesa Castro e Iñaki López, integrantes da asociación Rural Contemporánea, foron os encargados de facer Historias de Miño, que se presenta hoxe, ás 18.00 horas, no centro social da Rúa. Con el, o Concello busca crear un nexo de memoria entre os veciños.

-En que consiste?

-En activar un arquivo de memoria local, dixital, que vaia recollendo a memoria do concello.

-A día de hoxe que está feito?

-Unha web que vai amosar trinta historias e as sitúa nun mapa. Son relatos, que están ilustrados e teñen imaxes antigas relacionadas. Estes contos, que teñen un punto de fantasía, son historias que as veciñas van contando, ás veces por varias persoas e o que fixemos foi organizar esa información e darlle un toque cara unha subxectividade común, cun punto naif ou fantástico, para que sexan contos que se poidan entender por todas as idades.

-Que podemos atopar?

-Historias sobre praias que desapareceron en Miño, sobre oficios como o dun barqueiro que cruzaba á xente dunha parte da ría á outra, cando aínda non había ponte; historias de carpinteiros de ribeira, cos nomes das lanchas, sitios de xogos… Tamén hai a historia curiosa dun veraneante que viña a Miño e os nenos íanlle a buscar insectos, que despois debuxaba e saían nas caixas de mistos de Fósforos Española. Ou a historia de Concepción Arenal, que estivo vivindo en Miño durante seis anos, cando era pequena, que é un referente do feminismo e é pouco coñecido que viviu nunha parroquia de Miño na súa infancia.

-Cal é o futuro do arquivo?

-Falamos dun arquivo de memoria viva, do que contan as avoas que lles contaban as súas avoas, pero tamén do que contan os fillos. Por iso imos traballar cos rapaces da escola, o 19 temos unha sesión no colexio, e vanse seguir acumulando historias. Aínda que o proxecto vai pararse despois desta sección porque non hai financiamento. Todo esta feito con 2.000 euros, as ilustracións, as visitas, os desprazamentos, polo que pararase ata que sexamos capaces de lograr máis fondos, pero consideramos que é preciso seguir activando proxectos socioculturais para fusionar á xente do municipio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

«"Historias de Miño" é un arquivo dixital de memoria local»