—Cal é a situación de máis perigo que tivo que afrontar?
—Non nos arriscamos como para poñernos en perigo. Preparámonos para que iso non suceda. Se nos poñemos en perigo, non podemos axudar aos demais.
—É un risco controlado.
—Na pesca si que pasei apuros, polos temporais mais que nada.
—Poucas mulleres habería.
—Hai biólogas que van de observadoras nos barcos, pero eu fun a primeira muller oficial nun barco de pesca en Malvinas. De feito, sacáronme na prensa de Stanley!
—Como levaba a tripulación que os gobernase unha muller?
—Os mariñeiros non estaban afeitos a ver unha muller mandando. Ían cincuenta persoas en cada barco e alí había indonesios, marroquís, galegos, chilenos...
«Estiven tres meses na réplica da Nao Victoria, que foi a primeira que deu a volta ao mundo»
Por moito que lle gusta o mar, Manuela Méndez non considerou estudar Náutica ata os 30 anos. Hoxe, con 44, é capitana da Mariña Mercante e saborea cada día a súa profesión.
—Por que demorou esa vía?
—Primeiro estudei Artes Gráficas no Calvo Sotelo. Chegou a crise de 2008, quedei sen traballo e decidín tirar pola navegación.
—Sempre lle tirou o mar?
—Si, pero cando tiña quince anos non pensaba a opción de estudar Náutica. Nunca me imaxinei que podería acabar aquí.
—Faltáronlle referentes, quizais?
—Pode ser. E aínda somos poucas. Por sorte, iso está cambiando e temos máis visibilidade.
—Que lle dixeron na casa?
—Miña mai levou un desgusto enorme, pero meu pai mostrouse encantado, porque el tamén navegou e entendeuno.
—Onde fixo as prácticas?
—Nunha réplica da Nao Victoria, que foi a primeira que deu a volta ao mundo. Logo nun buque de carga e no remolcador Sar Gavia.
—E chegou a hora da verdade.
—Decidín empezar na pesca. Eu facía rutas de Vigo a Malvinas e convencéronme para que probara a facer unha campaña de pesca. Dezaseis barcos ás luras.
—Que tal se lle deu?
—Déuseme ben, pero a pesca non era o meu. Son moitos días de estrés continuo, moitas horas, o traballo é moi duro. Esgotador.
—Para onde vai cando toca terra:
—Vivo na Coruña e vou a Corme Aldea cando podo.
—Seu recuncho favorito alí?
—A praia da Ermida, por suposto.
—Tamén pertence á directiva da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
—Si. Entrei por Javier Novelle, co que sempre colaborei no Día da Ciencia na Rúa. Por desgraza, faleceu o ano pasado e botámolo moito en falta.
Formación: licenciada en Náutica e Transporte Marítimo pola Escola Universitaria da Coruña.
Título profesional: capitana da Mariña Mercante.
Posto a bordo: primeira oficial de ponte no remolcador Punta Mayor de Salvamento Marítimo.