Culleredo quiere superar la imagen de ciudad dormitorio con nuevos proyectos

CULLEREDO

El PSOE busca repetir la mayoría absoluta en unos comicios en los que también se presentan PP, Alternativa dos Veciños, BNG y Unidade Local

26 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Culleredo alcanzó los 30.790 vecinos en una línea ascendente de crecimiento pegado a A Coruña. Ahora intenta superar la imagen de ciudad dormitorio para reivindicarse con nuevos proyectos. Es uno de los que resisten con soltura en el llamado cinturón socialista de otros tiempos. En Culleredo, el PSOE gobernó este mandato con la mayoría que dan 12 concejales frente a una oposición con PP, BNG y Alternativa dos Veciños con tres ediles cada uno. A la pugna electoral se suma el 28M un nuevo partido, Unidade Veciñal.

Rioboo, en un mitin con la candidatura del PSOE para el 28M.
Rioboo, en un mitin con la candidatura del PSOE para el 28M.

José Ramón Rioboo (PSOE): «É inminente a aprobación do novo plan xeral»

José Ramón Rioboo (Almeiras-Culleredo, 1972), vinculado ao concello dende 1991, entrou na corporación en 2007 e leva como alcalde, co PSOE, dende 2017.

—Que destacaría do mandato?

—Tiñamos un grande proxecto para Culleredo, aínda o seguimos conservando, pero todo se tivo que centrar en destinar todos os recursos económicos e humanos a crise sanitaria, que comeu todo ese crecemento urbano e de investimentos que tiñamos para os diferentes núcleos e parroquias do noso Concello. Foi unha experiencia que oxalá non se repita nunca máis, pero si que é certo que se non houbera un equipo de persoas cunha bagaxe na xestión de goberno municipal teríase complicado sacar o Concello adiante.

—Canto cumpriu do programa?

—Bastante, ao mellor, un 70 % do que estaba previsto cumpriuse. Distintos proxectos, como o da piscina, iniciáronse, pero non se puideron realizar porque non había tempo a facelos, leva 19 meses executalo, pero a pesar da crise sanitaria que tivemos e da subida de prezos creo que o balance é bastante positivo no avance de obras e proxectos que estaban comprometidos. Se tiveramos un aniño e medio máis probablemente estaríamos a falar dunha execución do 90 %.

—Houbo crítica polo tema urbanístico e a demora de licenzas.

—Si que é certo que houbo unha etapa desta lexislatura na que efectivamente o departamento de Urbanismo carecía de persoal técnico cualificado. Só tiñamos a aparelladora municipal, que fixo un traballo encomiable, pero estase vendo que trala incorporación da técnica de Urbanismo, a asesora xurídica e o arquitecto nestes momentos estase á orde do que se ten que estar como calquera outro concello. Foi unha cuestión burocrática e de como está establecido o sistema de contratación dos concellos, que non nos permitía ter a axilidade que nós quixéramos.

—Cales son os grandes eixes do programa actual?

—En primeiro lugar, a nosa razón de ser é manter a calidade de vida dos nosos veciños, que non lles falte absolutamente ningún recurso para subsistir. No día a día a grande parte do investimento municipal vai destinada a benestar social. E despois os grandes investimentos que imos facer é seguir renovando cada rúa do noso Concello, penso que hai que renovar todas as rúas e os cartos van destinados á humanización e mellora de beirarrúas, como se estivo a facer na transformación urbana de Vilaboa, que vai a continuar, ou na do Burgo e Fonteculler, que queremos levar a cada núcleo do rural, con sendas e beirarúas e diferenciar os núcleos urbanos como Orro, Bregua ou Boedo cun sinal de identidade que os identifique coa marca Culleredo. Dentro dos grandes obxectivos está a fábrica da Cros, que vai a ser referente internacional con ese centro de economía circular, que vai atraer moito talento cara o noso Concello. A fábrica Cros vai impulsar ao redor de 300 postos de traballo, nas naves centrais, e que se completa con ese grande centro deportivo que imos facer na primeira nave. Será un complexo de piscinas que vai poñer en valor toda a zona do Burgo, Vilaboa e todo o Concello de Culleredo. Tamén recuperar para o rural outro emblema como foi a Garrocha, que pasará a chamarse centro deportivo Monte Costa. Xa temos o estudo de viabilidade para sacalo adiante e queremos que sexa un referente para o deporte. Acollerá os espazos necesarios para as entidades deportivas que impulsen o balonmán ou o baloncesto.

—En canto ao plan xeral, a oposición cuestiona que non haxa avances.

—O plan que temos aínda permitía moitas posibilidades para os veciños, sobre todo no rural e nestes momentos, que xa temos conformado case ao completo o equipo do departamento de Urbanismo, este verán teranse que poñer cos informes desfavorables do anterior equipo. É inminente a súa aprobación, enmarcada no primeiro trimestre de 2024. De todas formas, sigo mantendo que o actual da moitas posibilidades de crecemento, sobre todo, no entorno rural. No entorno urbano está practicamente todo urbanizado e onde se quixo construír púdose. De feito, temos 17 licencias para zona urbana para construír e algún centro comercial. Iso de dicir que adoecíamos de plan xeral é unha distorsión. Agora temos que aprobar outro documento, porque, como é lóxico, ofrece outras oportunidades, senón teríamos que recorrer a plans especiais.

—Como encara as eleccións, como ve a oposición e o seu partido?

—Eu creo que da oposición non teño que facer ningunha valoración, eles están despregando as súas intencións con Culleredo. Penso que o programa más sólido e a capacidade e experiencia de goberno que ten o PSOE é a única alternativa para seguir avanzando. Avanzan os municipios que teñen unha garantía suficiente para gobernar, que fai que o concello medre e que non teñan que parar o Concello porque haxa que establecer acordos ou pactos, que penso que pararían esta lexislatura de futuro do grande avance de Culleredo. Equipararíana a da pandemia porque moitos proxectos habería que retrasalos ou renegocialos, e tamén os presupostos. Se queremos que Culleredo evolucione temos que darlle nova solvencia e unha maioría as persoas que o gobernen no futuro.

—Houbo contestación social ao tema de Vilaboa ao comezar as obras de humanización.

—Creo que a contestación que houbo é que se viu por fin esa transformación que queríamos darlle a Vilaboa, que vai continuar polas rúas contiguas a avenida. A grande contestación é unha grande resposta que agora ve que Vilaboa é un lugar mellor para vivir, onde se pode pasear. Revitalizouno. Ese é o exemplo que queremos trasladar á zona rural e urbana, é un exemplo de humanización, sostenibilidade e seguridade viaria, que é o que é esa obra. Foi cuestionada, pero eu sempre mantiven que ía quedar moi ben e a resposta está sendo positiva.

—Ponse un límite de mandatos?

—Primeiro, afrontar este e espero que co número suficiente de votos para facelo coa tranquilidade de que Culleredo siga avanzando. Non me poño ningún límite. O que podo dicir é que estou tranquilo porque unha vez máis o PSOE, xa pasou con Julio Sacristán cando me pasou o testigo e despois os cidadáns maioritariamente me escolleron, ten persoas ao redor do partido cualificadas para afrontar o futuro. Iso faime ver que no momento que decida deixar a política vai haber garantía que un ou unha candidata van ser quen de gobernar Culleredo sen ningún tipo de problema.

 

Candidatura del PP de Culleredo a las elecciones del 28M.
Candidatura del PP de Culleredo a las elecciones del 28M.

Izaskun García Gorostizu (PP): «Fueron cuatro años perdidos y el mayor fracaso de Rioboo es que no fue capaz de sacar adelante el plan general»

Izaskun García Gorostizu (Fonteculler-Culleredo, 1974), química de profesión, afronta por segunda vez encabezar la candidatura del PP de Culleredo.

—¿Cómo vio este último mandato?

—Cuatro años perdidos, cuatro años de parálisis y cuatro años que con una mayoría absoluta a Rioboo no se le va a recordar por nada de lo que ha hecho. El mayor fracaso de la legislatura es no haber sido capaz de sacar adelante el plan general.

—¿Cuáles son los principales problemas del municipio a día de hoy?

—El no haber aprobado el plan general, ya que lo que significa es que no se ha hecho una sola vivienda pública y no tenemos suelo industrial a precio competitivo para que vengan las empresas a instalarse. Tenemos contratos caducados de servicios básicos como el agua, la limpieza de parques y jardines, y estamos pagando más de nueve millones de euros todos los años en facturas reparadas, a precios más caros de los que se dan en otros ayuntamientos. También un tema de parálisis en el otorgamiento de las licencias municipales, tanto a empresas como a particulares.

—¿Cuáles son sus propuestas?

—Nuestro compromiso, respecto a los problemas más graves que hemos detectado, es corregir esa parálisis que tiene Culleredo, aprobaríamos el plan general, tenemos el compromiso de construir 150 viviendas de promoción pública para los vecinos de Culleredo, urbanizar un millón de metros cuadrados de suelo industrial para que vengan las empresas a instalarse y se genere empleo y riqueza. Nos comprometemos a un diálogo constante y continuo con todo el tejido asociativo de Culleredo que hace una labor magnífica por los vecinos, de ahí esas reuniones que hemos mantenido a lo largo de estos años de las que ha salido el tema de hacer el edificio Alma, que es una demanda para tener unos espacios municipales que se adapten a las necesidades que tienen los vecinos.

—¿Dónde pretenden ubicarlo?

—En una de las naves de la Cros. En ese edificio descentralizaríamos el departamento de Urbanismo, que llevaríamos allí, y crearíamos la empresa pública Ría do Burgo, que captaría inversiones productivas para Culleredo.

—El PSOE, en cambio, propone llevar a la Cros un centro de economía circular, ¿cómo lo ven?

—Lo primero es cumplir con lo que se debe de hacer. El gobierno actual se comprometió, por un requerimiento de la Xunta, a que iba a hacer un plan de investigación del estado de contaminación de los terrenos de la Cros y eso no se ha cumplido. No se ha hecho ni una sola analítica. Lo primero que hay que ver es que están descontaminados y que se puede llevar a cabo cualquier acción. Después lo que están diciendo del centro de economía circular hay que puntualizar que los terrenos son dotacionales y para que se instale allí algo tiene que salir a concurso. Nosotros si hay un proyecto que sea interesante para Culleredo lo que hay que tener claro es que tiene que salir a concurso y se le daría a la empresa con el mejor proyecto. Nosotros, además de la economía circular para la generación de empleo, aprovecharíamos la inteligencia artificial y el proyecto anunciado en A Coruña lo relacionaríamos con ese sector y con las TIC.

—¿Qué retos ve en Culleredo como concello?

—Si apruebas el plan general favoreces el crecimiento de Culleredo, atraes inversiones públicas y privadas. La Xunta podría hacer equipamientos públicos, como ha pasado cuando se aprobó el plan en época de Sacristán, que se hicieron centros de salud, institutos, parques y jardines. Con todo esto, Culleredo crecería y sería convertirlo en el primer Ayuntamiento del área metropolitana. Si generas suelo industrial, las empresas en vez de irse a otras zonas como Arteixo, A Laracha o Carballo llevarían a Culleredo a ser un municipio con paro cero, como puede ser Arteixo, que es uno de los que menor paro tiene. También poner en valor toda la zona rural.

Candidatura del BNG a las elecciones del 28M en Culleredo.
Candidatura del BNG a las elecciones del 28M en Culleredo. Distrito Xermar

Tono Chouciño (BNG): «O plan xeral é imprescindible para planificar o Culleredo do futuro»

Tono Chouciño (Malpica, 1966), informático de profesión, encabeza, por terceira vez, a candidatura do BNG de Culleredo.

—Cales son os principais reproches que lle fan ao actual goberno local?

—Xa pasamos a etapa de reproches e estamos na etapa de propostas. Sempre levamos unha crítica construtiva, unha vía alternativa de facer as cousas. Agora temos un programa que desenvolver.

—Mais cales serían as eivas principais que atopou neste mandato?

—Fomos remitindo notas todas as semanas e non houbo ningún tema sen tocar. Por condensalo en tres grandes liñas é que temos un plan xeral de ordenación urbana que quedou aprobado inicialmente en 2013, estaba dado o primeiro paso, e 10 anos máis tarde non se deu ningún paso máis. É imprescindible para planificar o Culleredo do futuro. A seguinte liña forza do noso programa é que temos que defender Culleredo fronte a terceiros. Culleredo é un concello que ten presenza de moitas grandes infraestruturas, o aeroporto, a autoestrada, a autovía, a condución de auga de Emalcsa, e poderíamos seguir... Todas esas cuestións hai que convertelas nunha oportunidade e parece que sucede todo o contrario, que son afeccións das que Culleredo non saca nada en limpo. Culleredo si que soporta, coa complicidade do goberno municipal que houbo ata agora, moitos gravames. Neste sentido, o plan director do aeroporto ten sen concretar cales son as afeccións urbanísticas, temos un vial 18 que foi tirado unha vez polos veciños e que volve intentar repertirse integramente nas mesmas condicións e que leva esa mochila de que queren ampliar a autoestrada por Culleredo de catro a oito carrís. Temos grandes afeccións de todo o que nos atravesa pola centralidade que ten Culleredo na comarca, pero que non revirten en Culleredo. A terceira grande liña sería a xestión do día a día, que se bota tanto de menos. É sorprendente a cantidade de xente que está reclamando porque cae nas beirarrúas que están levantadas, porque hai ratas nos seus rueiros, ou por falta de limpeza. Así poderíamos seguir con tantas cousas do día a día que non son excepcións, ou singularidades son unha presenza continua.

—Houbo críticas polos retrasos en Urbanismo que o Concello xustitica polos problemas de persoal.

—Os problemas de persoal resólvense poñendo intención. Claro que hai restricións, xa o sabemos, pero o que non pode é caducar a OPE de 2017 cando estaban advertidos da irregularidade que había nela. Como lle presentaron un recurso non puido saír adiante e o que fixeron foi deixala caducar en vez de rectificala e sacar as prazas que levaba consigo. Nós propuxemos que a contratación que se está facendo na Policía Local neste momento, aínda sen concluír, se fixera a través da Academia Galega de Seguridade. Iso descargaría a un grupo de funcionarios de estar presentes nunha mesa de oposición. Sen embargo, non se quixo facer, e resultou que un colectivo de afectados que se presentaban a esa lista denunciaron irregularidades moi graves.

—As súas liñas principais do programa?

—Básanse nas tres liñas que falei antes. Hai que aprobar o PXOM, ver en que estado está neste momento, hai que defender Culleredo ante terceiros e hai que atender o día a día a través de servizos públicos que están sen contratar, definilos ben e contratalos, para saber o que podemos esixir á empresa de xardinería, a de limpeza, a de subministro de auga e as obrigas que teñen con nós. É significativo a carencia de infraestruturas de carácter deportivo, o club de natación sincronizada gañou o ouro, recentemente, en todas categorías que se presentaba, pero igual que os outros clubs de natación ou o de atletismo, que precisa unha piscina para adestrar, non ten onde facelo. E como iso podemos falar do club de balonmán, que acaba de ascender a primeira categoría e ten un pavillón que seguramente non sirva... Hai grandes carencias en infraestruturas deportivas, pero tamén culturais. Temos un ratio de bibliotecas que non se corresponde cunha localidade de 30.000 habitantes.

—Cal cre que debería ser o futuro de Culleredo?

—É central na comarca, cunha grande potencialidade e o que hai que lograr con esa poboación que se duplicou nestes 30 ou 35 anos é crear arraigo. Hai que conseguir que a xente sinta Culleredo como propio, como o sitio onde vivir e cando un quere cambiar de vivenda que sexa a primeira opción seguir vivindo en Culleredo. Nós advertimos que non é así. Queremos que o Concello sexa tan agradable para vivir que sexa a primeira opción no caso de que calquera cambie de vivenda ou cando os fillos escollan onde vivir escollan onde medraron.

 

Candidatura de Alternativa dos Veciños de Culleredo al 28M.
Candidatura de Alternativa dos Veciños de Culleredo al 28M.

Thais Palla (Alternativa dos Veciños): «Hai lugares en Culleredo que non teñen os servizos básicos dunha sociedade medianamente avanzada»

Thais Palla Maceiras (Alvedro-Culleredo, 1974), avogada e mediadora é a nova candidata de Alternativa dos Veciños para o 28M.

—Como decidiu meterse en política?

—Propuxéronmo. Xurde da ilusión ou a necesidade de facer política duha maneira diferente. Gústame a política que fai o partido e súmome ao proxecto para poder implementar en Culleredo a política que fai o partido dende hai anos noutros concellos. Vexo esa necesidade e compártoa coa veciñanza no día a día. Tamén porque creo que a política é unha forma de facer cousas e de facer que as sociedades avancen. Con esa premisa básica é coa que me enrolo neste proxecto.

—Como viu o traballo do goberno local neste mandato?

—Para min, máis alá de análises persoais, que ao fin e ao cabo son propias, podo trasladar o sentir da xente e o que nos di é que non se están escoitando as súas necesidades, necesidades básicas, e en consecuencia non están sendo atendidas. Dende aí hai que consideran que é insuficiente o que se fixo durante este período de tempo. Creo que están facendo políticas alonxadas da xente. Non se está escoitando as súas necesidades, toman decisións dende outro lugar. Os que foron falando con nós comparten todos que só piden cousas básicas, que non están recibindo e, polo tanto, non se senten escoitados.

—Ao seu entender cales son os problemas máis urxentes ou as eivas que ten o concello?

—O non ser capaces de sacar adiante o PXOM, porque iso vai da man de todos os servizos que precisa o Concello. É algo que detecta a xente. Hai lugares en Culleredo, e estamos ao lado da cidade da Coruña, que carecen de auga en determinados momentos do ano, que non teñen saneamento, que os servizos básicos a día de hoxe dunha sociedade medianamente avanzada non os teñen. É sumamente importante e, dende o meu punto de vista, grave. Vai da man dun proxecto urbanístico de calidade que se poda desenrolar e levar a cabo. E despois levar a cabo políticas sociais que atendan, de verdade, ás necesidades da xente. Para iso é necesario escoitala. Facer políticas para maiores, para novos, para emprendedores e que a xente queira prosperar e vivir en Culleredo paréceme importante. É por aí por onde se está escapando a atención da xente.

—Ademais destas liñas, que pensa que lle falta a Culleredo?

—Dende o meu punto de vista, a promoción da cultura, Estanse facendo cousas, correcto, pero somos 30.000 veciños, coñecemos outros concellos onde goberna o partido que pretendemos que poida ter peso no Concello de Culleredo e si está apoiando a cultura no sentido máis extenso da palabra. Teñen un auditorio en condicións para facer cousas, lugares onde se trasladan e se desenvolven proxectos que teñen que ver coa música, arte, bibliotecas... Para nós é importante darlle a xente a capacidade de ter cultura cerca de maneira asequible.

—Que levan no programa?

—Está relacionado co que comentei, co urbanismo, que salga adiante o PXOM, e co social, por facer actividades cos nenos que complementen o que xa aprenden na escola e dende aí lles permita ser máis completos nun futuro. Por outra banda, esas actividades van da man de que se permita a conciliación familiar. Que os maiores teñan atendidas as súas necesidades máis aló do que lles da a Xunta, como facer compras, asistir o médico ou trámites básicos de calquera índole administrativa; que os novos teñan espazos onde desenvolverse, socializar e compartir, que non os hai, e que os emprendedores teñan un espazo onde emprender os primeiros anos e dende aí lles sexan máis doado. Tamén promocionar o comercio, que a xente queira vir comprar en Culleredo. Promocionar a cultura no sentido máis amplo da palabra e facer da inclusión unha realidade, que a política sexa para todos os veciños de Culleredo, independentemente da situación que teñan.

Candidatura de Unidade Local por Culleredo para el 28M.
Candidatura de Unidade Local por Culleredo para el 28M.

José Juan Santos Iglesias (Unidade Local): «Este mandato non se fixo absolutamente nada»

José Juan Santos Iglesias (A Coruña, 1967), traballador da Deputación, é o candidato por Unidade Local. No seu currículo político en Culleredo iniciouse co PSOE, co que chegou a ser secretario xeral e de organización, pero indica que deixou ao partido por non apoiar as políticas que se facían. Despois montou Marea Veciñal de Culleredo, coa que chegaron a ter tres concelleiros, pero nos últimos comicios non lograron representación.

—Por que o cambio de partido?

—O anterior vinculábase coas mareas, e este intentamos que non o fixera con ninguén. Ademais, queríamolo montar a outros niveis, con candidatura na Coruña, Cambre, Arteixo e Culleredo. Temos alianzas co Espazo Común de Pachi Vázquez, xa coincidira con el no PSOE.

—E por que non van coas mesmas siglas?

—Nós montamos o noso partido na área metropolitana da Coruña e tras montalo comezamos a ter conversas. Vimos que temos afinidade e a mesma visión de atender a xente, de escoitala e estar a pé de rúa. Hai unha entente idiolóxica de como facer as cousas.

—Cales son os retos de Culleredo neste momento?

—Eu coñecín a época dorada de Culelredo cando era un referente en toda a comarca en política sociais, en atención á cidadanía e calidade de vida. Cando creceu estábase atendendo á xente. Agora o problema que temos non son grandes construcións ou proxectos, senón poñer en marcha un Concello que está parado. Os servizos básicos non están funcionando porque se deixou finalizar todos os contratos e cando xurde un problema non hai inmediatez para solucionalo. Auga, saneamento e mantemento, o básico, está custando moito telo ao día. Tamén se precisa un mantemento nos parques e nas áreas de xogo dos nenos, a limpeza das cunetas ou ter luz nos núcleos de poboación para que os coches vexan aos peóns. Cousas básicas do día a día que redundan na calidade de vida son o que se precisa. Ao veciño que ven ao Concello hai que darlle unha resposta, atendelo. O que non queres é que che digan ven dentro dun mes, iso non pode ser.

—Como viu este último mandato?

—Non se fixo absolutamente nada. Agora, chegaron as eleccións e empezaron a levantar beirarrúas e vallas por todos os lados para dicir que están facendo algo.

—Que lle parece o proxecto para Vilaboa?

—Temos que entender que hai que darlle presenza aos peóns nas rúas, pero antes de facer a humanización tíñanse que crear as vías paralelas e perpendiculares para distribuír o tráfico entre elas e darlle a Vilaboa unha estrutura de cidade. A partir de aí acometer as obras na nacional. A humanización cara o futuro pode estar ben, pero haille que dar solución ao tráfico, non facer unha conxestión alí. O proxecto debería ser máis ambicioso. Cando presentaron o plan municipal de mobilidade sostible presentamos alegacións que non se tiveron en conta. Fixeron todo a salto de mata.

—As principais liñas do seu programa?

—Sacar a contratación todos os contratos que agora se están prestando en precario. Tamén unha oficina para que a xente poda denunciar deficiencias e actuar rápido. Crear liñas de transporte en todas as parroquias e conectar as do rural coas das zonas urbanas, que estean interconectadas para facilitar os desprazamentos aos centros de saúde, que é básico sen estar esperando. Tamén o telas conectadas vai fomentar o comercio de proximidade. Hai que mellorar a atención aos polígonos porque hai que atraer empresas para fomentar o emprego.