A premiere da pelícla de Anxos Fazáns reuniu nos Cantones cines ao equipo da producción, representantes do mundo cultural e creadores de contido
20 feb 2026 . Actualizado a las 11:50 h.As liñas descontinuas, escrita e dirixida por Anxos Fazáns, celebrou este xoves nos Cantones cines de A Coruña a súa premiere reunindo practicamente ao compreto o equipo que fixo posible o filme, perto tamén diversas personalidades do sector e do mundo cultural como The Rapants, o actor Xoán Fórneas, De Ninghures, ou as creadores de contido María Rúa, Blondiemuser, Nuria Grandío e Sara Seco, entre outras.
A segunda longametraxe de Fazáns é un drama intimista rodado integramente en galego, protagonizado por Mara Sánchez, que regresa ao mundo actoral tras uns anos apartada; e Adam Prieto, para o que Denís supón o seu primeiro papel na interpretación. No filme, Bea é unha muller de 50 anos en proceso de divorcio e Denís é un mozo trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral. Un suceso inesperado lévaos a coñecerse e este encontro transformará para sempre a súa realidade.
Tras a súa estrea na sección oficial da 29. ª edición de Tallin Black Nights Festival, a película percorreu numerosos certames nacionais onde cultivou diferentes premios; no pasado Festival Internacional de Cinema de Xixón (FICX) obtivo o Premio «DAMA» ao Mellor Guion de Película Española e o Premio RAMBAL da Asociación asturiana XEGA.
Producida por Sétima (Silvia Fuentes, Anxos Fazáns) e Sideral (Nuria Landete, Roberto Butragueño), a cinta conta co apoio do ICAA, AGADIC, CSAG, HBO e as Deputacións de Pontevedra e da Coruña; e será distribuída en cinemas da man de Sideral.
En palabras da súa directora, que asegura que foi unha nova lida nun xornal o que a inspirou, As liñas descontinuas «é unha película sobre a tenrura, sobre a beleza que aparece cando permitimos que as persoas que nos rodean nos atravesen».
Na súa primeira semana o filme está nas catro provincias galegas en cines como Cantones (A Coruña); Cines Tamberlick, Multicines Norte, Cine Yelmo (Vigo); Ponte Vella (Ourense); Cinexpo (Pontevedra); Cine Numax e Multicines Compostela (Santiago); Codex Cinema (Lugo); Duplex (Ferrol), e salas doutras localidades de España como Cines Broadway, ScreenBox Funatic, Malda, Pequeño Cine Estudio, Cinebaix, La Dehesa Ponferrada, Odeon, Multicines, Abc Elx, Abc Gandia, Abc Park ou Cines Gorbeia.