A Academia Galega e o COAG homenaxean ao arquitecto da Cidade das Rías: Albalat

LA VOZ A CORUÑA

A CORUÑA CIUDAD

Imagen de archivo del arquitecto Andres Fernández-Albalat
Imagen de archivo del arquitecto Andres Fernández-Albalat ANGEL MANSO

Coincidindo con centenario do seu nacemento, celebrarase a xuntanza «Arquitecto da memoria» coa familia e compañeiros como César Portela, Myriam Goluboff e Cristóbal Crespo

29 nov 2024 . Actualizado a las 13:03 h.

A Real Academia Galega (RAG) e a delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) renderanlle homenaxe a Andrés Fernández-Albalat Lois (A Coruña, 1924-2019) o vindeiro mércores, 4 de decembro, co gallo do centenario do seu nacemento.

Baixo o título «Arquitecto da memoria», o acto dedicado ao académico de número da RAG desenvolverase na delegación coruñesa do COAG (rúa Federico Tapia, 64) a partir das 18:30 horas con entrada libre. 

«Defensor dunha arquitectura humanista ao servizo da sociedade», suliñan os organizadores da homenaxe, Andrés Fernández-Albalat dirixiu numerosos proxectos que« o converteron nun referente imprescindible da Galicia contemporánea». Entre eles, a Cidade das Rías, unha vanguardista continuidade urbana entre os extremos do golfo ártabro, A Coruña e Ferrol, para configurar a grande urbe de Galicia coas comarcas, ademáis, de Betanzos e o Eume. .

 A homenaxe celebrará a pegada cultural, profesional e persoal deste mestre da arquitectura galega a través das intervencións do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; Charo e Andrés Fernández-Albalat Ruíz, fillos do académico e xefa do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, respectivamente; o aparellador Roberto Medín Guyatt, excolaborador de Albalat; Cristóbal Crespo González, director do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo  da Universidade da Coruña (UDC), do que o homenaxeado formou parte; e César Portela Jardón e Myriam Goluboff Scheps, exdocentes do mesmo departamento.

 O programa, organizado pola RAG e a delegación da Coruña do COAG, conta coa colaboración do citado departamento e a asociación cultural Flor de Santiago.