Loli Rodríguez e Antonio Bonet gañan o Torrente Ballester 2024

LA VOZ A CORUÑA

A CORUÑA CIUDAD

Gonzalo Torrente Ballester, en Ferrol, en el centro cultural que lleva su nombre, fotografiado junto al busto que hoy puede contemplarse en el Campus Universitario de Esteiro.
Gonzalo Torrente Ballester, en Ferrol, en el centro cultural que lleva su nombre, fotografiado junto al busto que hoy puede contemplarse en el Campus Universitario de Esteiro. KOPA

A ribasilense acada o premio en galego con «Nailía», e o productor e cineasta madrileño estréase no palmarés en castelán coa súa primeira novela, «La soledad de los reptiles». O xurado acordou ademáis declarar finalista a obra «Silvidos en las cumbres» de Diego Alfonsín Rivero 

28 nov 2024 . Actualizado a las 15:18 h.

O XXXVI Premio Torrente Ballester de narrativa xa ten gañadores. Súmanse ao palmarés do certame, convocado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña, as novelas Nailía, da ribasilense Loli Rodríguez, en lingua galega, e La soledad de los reptiles, do madrileño Antonio Bonet de Luna, en lingua castelá. Silvidos en las cumbres, do tudense Diego Alfonsín Rivero, resultou finalista en castelán. Os dous vencedores, elexidos entre as 66 obras en galego e 104 en castelán que se presentaron, recibirán 15.000 euros e a Deputación publicará as dúas obras.

 De Nailía, o xurado valorou «a boa narración da historia e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma e na estrutura pero moi actual no punto de vista á hora de abordar o relato». Tamén destacou «a representación de mulleres diversas e as imaxes poéticas que crea durante a narración con moi bo manexo dos diálogos».

 La soledad de los reptiles é, para o xurado, «unha obra orixinal e arriscada, que perdura na memoria do lector, cunha reflexión que afonda no sentimento de perda e o lugar que ocupamos na sociedade». Trátase, engade a resolución, «dunha novela ben estruturada e equilibrada, na que o autor mostra gran capacidade para manter a tensión narrativa de comezo a fin con bo ritmo e personaxes ben traballados».

Loli Rodríguez (Torbeo, Ribas de Sil, 1964) estudou Maxisterio na Universidade de Compostela e traballa no Hospital Meixoeiro. En 2023 publicou a súa primeira novela, Os nomes de Val.

Pola súa banda,  Antonio Bonet de Luna (Madrid, 1970) é licenciado en Empresariais e Filoloxía Inglesa, estudou Dirección na Escola de Cine de Madrid e Creación Literaria na Escola de Escritores, tamén de Madrid, onde gañou a bolsa ao mellor alumno da oitava promoción do Máster de Narrativa 2016-18. Tamén seguiu cursos de cine en UCLA e de escritura creativa con Alejandro Gándara, Eloy Tizón e Marta Sanz. Coa súa produtora Master Cluster produciu curtametraxes de ficción, vídeos corporativos e cursos audiovisuais. Como guionista e director, as súas curtas Clases de ruso, con Luis Tosar, e Las viandas, con José María Pou, deron a volta ao mundo, con máis de 250 seleccións en festivais internacionais e máis de 40 premios en dez países. Na actualidade, traballa no longametraxe documental El marco de la cara, coprodución entre España e a República Dominicana, en fase de posprodución. 

 Diego Alfonsín Rivero (Tui, Pontevedra,1980) traballa como profesor no ensino secundario en Galicia, logo de cursar Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, formación que completou na Universidade Nova de Lisboa. Posteriormente, estudou Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid, onde recibiu unha bolsa para un semestre na Universidade de São Paulo. Entre 2008 e 2016 viviu en Alemaña, onde traballou como lector de galego e de español nas universidades de Heidelberg, Mannheim e Aquisgrán. En 2015 gañou o Premio Miguel de Unamuno pola novela Lenta Demolición e en 2017, o Premio Lueiro Rey en lingua galega pola novela Non o saben as estrelas. Tamén publicou un libro de contos, Heidelberg y otros relatos (2018), e Libro de notas (2022).

 A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu os dous xurados, nos que actuou como secretaria a xefa da sección de Educación e Cultura, Manuela Muñiz Souto. Formaron o comité avaliador en lingua galega os escritores César Lorenzo —gañador en galego en 2023—, Sica Romero, Marta Villar, Brais Lamela e María Rei Vilas; e en lingua castelá, Anna Blasco Rovira e Jesús M. Antón —gañadores en castelán en 2023—, María Sánchez, Xacobe Pato e María Salgado, xornalista de La Voz de Galicia .