Non á confrontación de víctimas do franquismo

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

BENITO ORDOÑEZ

20 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Solidariedade con todas as vítimas

Estiven como preso político no cárcere de Basauri (Biscaia) en 1968. Tamén en 1973 en Coruña con motivo das mobilizacións contra o proceso 1.001, xuízo contra dirixentes de Comisiones Obreras. Son vítima do franquismo, unha ditadura criminal como a Alemaña nazi ou a Italia fascista, segundo a resolución 39 da asemblea xeral das Nacións Unidas de 1946, que condenaba o réxime español e reiteraba o veto de 1945 á entrada de España polo seu carácter fascista.

Son vítima do terrorismo de Estado, que padecemos durante corenta anos, e quero apoiar estas declaracións con motivo do minuto de silencio no Congreso, seguido en pé  por todas e todos, en lembranza do 25.º aniversario do asasinato por ETA de Miguel Ángel Blanco; e o PP con lazos azuis: «Mirar populares, Gregorio os cuenta qué fue el lazo azul, dónde surgió, porqué y para qué, lo que significaba y las consecuencias que conllevaba llevarlo».

Apoio tamén estas declaracións cando convoca no Congreso a asociacións de vítimas do terrorismo, coincidindo co debate da Lei de Memoria Democrática: «No mientas, Núñez Feijoo, hemos sido cuatro las que te hemos dado plantón, no son formas de convocar y menos de utilizarnos para confrontar víctimas». Estas declaracións non son dunha proetarra, senón de Consuelo Ordóñez, presidenta do Colectivo de Víctimas del Terrorismo en el País Vasco (Covite) e irmá de Gregorio Ordóñez, dirixente do PP de Guipúscoa, asasinado por ETA. Solidariedade con todas as vítimas do terrorismo de ETA e da ditadura franquista. Manuel Monge.

Contra o abandono da Torre de Hércules

A Coruña conserva para os incondicionais amantes da súa beleza, inquietante e melancólica, todo o encanto dunha cidade que agarda o acelerón definitivo para executar un conxunto de plans complementarios para a recuperación da fachada marítima e a loita contra a perda dunha parte do seu patrimonio público. Ademais, un ten a impresión de que baixo A Coruña que habitamos, hai outra sepultada no esquecemento que, a pesar de todo, non foi quen de eliminala definitivamente das nosas preocupacións. A contorna da torre de Hércules é tal vez a proba máis excepcional da degradación do patrimonio histórico e da paisaxe. Aqueles que percorran eses camiños, mordidos polos acantilados, poderán comprobar como hai bancos que  podrecen e non se renovan, balaustradas que se comban e maleza invadindo os camiños e ata os propios bancos.

Para que falar deso vello cárcere en estado de abandono galopante ou deses terreos na avenida de Navarra utilizados como vertedoiro urbano ou das autocaravanas alindadas nunha das marxes do aparcadoiro da Casa do Peixes? Moitos dos que paseamos a diario os seus camiños non podemos crer estas aberracións urbanísticas na contorna da torre de Hércules, catalogada pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Á alcaldesa gústalle proclamar o transcendental momento que vive a cidade, as profundas transformacións que, na súa opinión, anuncian a inauguración dunha cidade máis habitábel. Como é predicíbel que non fora informada aínda da situación pola súa concelleira de Medio Ambiente, sirvan estas liñas como unha queixa particular para que se reparen os desperfectos. Ricardo Vales. A Coruña.

Gastemos en prevención e non na extinción

Desde hai tempo sábense as causas dos grandes incendios forestais: o abandono do mundo rural e a ausencia de limpeza nos montes. Pero non se quere atallar o problema, porque se sabemos as causas só é cuestión de vontade e de diñeiro, ir á orixe para que imaxes como as da Pobra do Brollón, Courel ou Valdeorras destes días non volvan repetirse.

Asistimos atónitos a un espectáculo no que, por moitos medios humanos e materiais que se poñan en xogo, de nada serven. As brigadas teñen que estar todo o ano no monte dedicándose a limpar, rozar, cortar, plantar entre outras ocupacións. Entendo que hai moitos intereses en xogo, pero están vostedes aí para tomar decisións e teñen os recursos, ademais da capacidade e o deber para cos seus concidadáns de mellorar esta nefasta política forestal que soamente trae destrución e ruína. Se este verán non arde o resto de Galicia, aínda poden empezar a poñer en práctica este outono unhas novas políticas que eviten novas desgrazas, desolación e malgasto de diñeiro. José Manuel Rodríguez Quiroga. Lugo.

El tsunami de calor

Está mal llamarle ola de calor, puesto que no es más que el resultado de un cambio climático acelerado en el tiempo. De seguir en esta tendencia ascendente, habrá que pensar en soterrarse como un buen vino a la espera de un otoño que este año muchos anhelamos. El covid, el paro, la inflación ya no son el principal argumento de conversación, sino este horno veraniego llamado Ourense. Este tsunami hostil de altísimas temperaturas que perturba nuestro devenir cotidiano, alterando las constantes vitales y encongiéndonos existencialmente.

Rogamos lluvia que ayude a sofocar unos fuegos que, como si de un virus se tratase, devora la flora y acaba con parte de la fauna que no tardaremos en echar en falta. Ojalá que pronto lleguen esos primeros chubascos que sean de ayuda para poner el punto y final a esta horrible situación que está acabando con la salud física y mental de muchos. Óscar Castillo Fernández. Ourense.