Siqi Luis Yang, Uxía Larrosa e Francisco Pérez, galardoados co Castelao de banda deseñada

G. N. REDACCIÓN / LA VOZ

A CORUÑA CIUDAD

Imagen de archivo de una reunión del jurado del Premio de Banda Deseñada Castelao
Imagen de archivo de una reunión del jurado del Premio de Banda Deseñada Castelao

O xurado enxalzou non só «a poética» senón tamén a parte «gráfica» da obra gañadora, «O bico da serea»

14 jul 2022 . Actualizado a las 21:43 h.

Siqi Luis Yang (Madrid, 1993), como debuxante, e Uxía Larrosa Villanueva (A Coruña, 1993), como guionista, alzáronse co premio Castelao grazas á obra O bico da serea, mentres que na categoría infantil e xuvenil, gañou o traballo Contando estrelas, de Francisco Pérez Villanueva (Noia, 1975).

O xurado, que se reuniu e decidiu o pasado mércores, enxalzou «a poética e a gráfica» de O bico da serea, ao tempo que sinalou que «o guión toca diversas temáticas interesantes e con moita carga literaria que deleita os ollos e estimula a imaxinación». A obra narra a historia da relación entre unha rapaza preadolescente e unha serea, na se van entrelazando a vida cotiá e a rutina diaria con aspectos fantásticos e mitolóxicos.

De Contando estrelas, o fallo eloxiou «a súa delicadeza e coidada ilustración», así como o interese por tratar asuntos cos que todos se poden sentir identificados, «a través das metáforas coas estrelas e por traballar con elementos do imaxinario colectivo». A obra está composta por relatos curtos, todos protagonizados por estrelas, que van abordando aspectos preto da sociedade actual como a soidade e a perda.

Entre o xurado do premio —promovido pola Deputación da Coruña—, Nuria Díaz, Araceli Paz, Quique Mauricio, Carlos Taboada e Julia Lago.