
Su pasión por el mar y el compromiso social marcaron la trayectoria del marinero
04 sep 2021 . Actualizado a las 14:42 h.Serafín Mourelle Bugallo no fue un patrón de barco más. Fallecido el pasado año, coincidiendo con fase más dura de la pandemia, aunque la muerte no le sobrevino a causa del covid, sus allegados han querido rendirle el merecido homenaje al histórico del mar y la cultura marítima. Este sábado, en A Coruña, el barco turístico Rías Altas, atracado en la Dársena, partió a las 10.30 con una tripulación especial formada por amigos y familiares de Mourelle. Como no podía ser de otra forma, el acto se celebró mar adentro.

«Serafín personificou como ninguén a simbiose entre a pesca e o compromiso social. Patrón de pesca de barcos de arrastre nos caladoiros do Gran Sol en diversas etapas, foi tamén patrón de embarcacións dependentes do laboratorio da Coruña do Instituto Oceanográfico. En definitiva, un gran propagandista da pesca a través das súas grandes dotes para a conversación e pola súa capacidade de convicción», destaca su amigo Ricardo Vales.

El homenaje congregó a muchos amigos «que non esqueceron os valores que guiaron a súa vida, a pesca e o seu forte compromiso social da man da actividade política», subraya Vales.
Especialmente emotivos resultaron los discursos pronunciados a la altura de la Marola por sus dos hijas, Concha y Bea, que acompañaron a su madre Concha y a su hermano Serafín. Quico Cruz, un histórico del PCG, «emocionouse ao lembrar a traxectoria de Serafín», comenta Vales, y al él se sumaron la mariscadora y poeta Teresa Ramiro y el tambén patrón y poeta Xosé Iglesias. El exalcalde Xulio Ferreiro estuvo presente en el acto junto al exconcejal Xosé Manuel Carril.

Adeus a Serafín Mourelle, un histórico da pesca e o compromiso
Poucas son as persoas que, como Serafín Mourelle, poden definir mellor a ilusión pola pesca e o seu compromiso político. Coñecino en 1980, ano da miña entrada no laboratorio da Coruña do Instituto Oceanográfico. El era o patrón das embarcacións Volandeira, en Arousa, e Arola, en Muros, mentres que eu formaba parte do equipo de Pesquerías Demersais, dirixido polo biólogo-oceanógrafo, Álvaro Fernández, máis adiante director xeral do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Posteriormente, coa xubilación de Xesús Souto, en 1994, foi nomeado patrón do Lura, embarcación destinada a campañas relacionadas cos estudios costeiros de hidrografía, bentos e tamén como apoio loxístico ás tarefas da batea experimental de Lorbé e de monitorización para o control das mareas vermellas produto dun convenio de colaboración asinado coa Consellería de Pesca. Combinou ese labor como delegado sindical do persoal laboral, nunha determinada etapa da súa permanencia no laboratorio coruñés.