Día dos Museos

Siro
Siro PUNTADAS SEN FÍO

A CORUÑA CIUDAD

Siro

23 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Poucas veces será certo o aforismo «non hai mal que por ben non veña», que repetimos como unha letanía ante calquera contrariedade; máis como consolo que por convicción. Tampouco sería certo se o dixeramos da celebración, o pasado luns, do Día Internacional dos Museos, a porta pecha; aínda que o bo facer dos responsábeis e a aplicación das novas tecnoloxías permitíronnos vivir experiencias inimaxinábeis, como a de adentrármonos, sen saír de casa, nos museos de Altamira, o Románico de Taüll, a casa natal de Cervantes ou as grandes pinacotecas españolas. O servizo que ofreceu o Museo do Prado desde días antes foi extraordinario, ao darnos a oportunidade de pedir a visualización de obras concretas e recibirmos ao mesmo tempo información oral sobre elas.

Cando era xove e inxenuo pensaba que, por ser o sentido do humor unha peculiaridade dos galegos e dar Galicia algúns dos grandes humoristas literarios e gráficos do mundo, cumpría levar o humor á universidade, facer prazas públicas dedicadas ao humor e, sobre todo, crear o gran Museo do Humor de Galicia. Tenteino con máis pena que gloria.

O rector da Universidade de A Coruña, José Luís Meilán Gil, creou a Aula do Humor e xuntos presentámola en roda de prensa. Ata fixo un cartaz precioso para publicitala, pero antes de inaugurala perdeu as eleccións e todo quedou en nada,