Unha selección de fondos de Altearte exponse en A Coruña

La Voz OURENSE / LA VOZ

A CORUÑA CIUDAD

cedida

A mostra «Arredor da casa» inclúe obra de quince creadoras e enmárcase no festival de fotografía

19 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 8 de decembro • Fundación Luis Seoane • Co título de «Arredor da casa. Mirada de mulleres na Colección Alterarte» pode verse dende o pasado venres en A Coruña unha selección de obras que pertencence ao fondo da Colección Alterarte, o espazo expositivo do Campus de Ourense. O proxecto, que se pode visitar na Fundación Luis Seoane, foi comisariado por Enrique Lista e amosa pezas de mulleres que expuxeron, nalgún momento, na sala do Campus.

 

O proxecto forma parte da terceira edición de Ffoco, o Festival de Fotografía da Coruña, e a mostra conta con obras de Lidia Alonso, María Covadonga Barreiro, María Blanco, Mónica Cabo, Mar Caldas, Marta Cerviño, Olaia Fernández, Julia Ferradás, Melania Freire, Maya Kapouski, Anna Katarina Martin, Sheila Pazos, Ana Pérez-Quiroga, María Prada e Sara Sapetti. O feito de que a maioría das imaxes estivesen vencelladas aos espazos domésticos foi o que lle deu nome ao proxecto.