Victoriano Urgorri: «É un custe medioambiental, económico e de saúde pública»

Mila Méndez Otero
m. m. otero A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA CIUDAD

victoriano urgorri
CÉSAR TOIMIL

A situación do saneamento das rías preocupa aos expertos

11 jun 2019 . Actualizado a las 09:25 h.

Leva décadas traballando na mellora das rías galegas, especialmente, na de Ferrol, onde vive. Unha realidade extensible a puntos como A Coruña.

-¿Suspenso en saneamento?

-Queda bastante por facer. Hai estacións de augas residuais en marcha, pero algunhas non están ao 100 %. As estacións custan cartos, ese é o problema. Moitas veces tense que chegar a unha situación límite para que se actúe, como pasou en Ferrol e na Coruña, na ría do Burgo. Investíronse millóns noutras infraestruturas ineficaces e innecesarias que tiñan que ser destinados a isto. É un custe medioambiental, económico e de saúde pública non sanear as rías.

-Non debería ser así...

-Isto tiña que estar controlado, mesmo por obrigación de normativas europeas. Calquera núcleo de poboación de máis de dous mil habitantes ten que ter tratamento de augas residuais. O primeiro plan que se esbozou en Galicia, promovido polo falecido Xosé Cuíña, era o saneamento integral das cinco rías (Vigo, Pontevedra, Arousa, A Coruña e Ferrol), aínda non está completo. Estamos a falar de 1985.

-Que poderían facer os cidadáns?

-Protestar. Se protestaran máis isto estaba resolto hai tempo. O problema é que se non lles afecta persoalmente, que un neno saia da auga cunha erupción, por exemplo, son moi pasotas.