Roberto Fontenla, conductor de ambulancias: «Un paciente medular díxome: 'Coidado cando vaias por esa pista, que me fai moito dano

M. M. / B. F.

A CORUÑA CIUDAD

roberto fontenla
Bea Franco

Los pacientes, insisten los técnicos, son los que más sufren el mal estado de las carreteras

19 feb 2019 . Actualizado a las 11:36 h.

Suma 21 anos transportando pacientes. Roberto Fontenla, técnico de ambulancias, denuncia o estado dos accesos ós centros hospitalarios. As estradas, insiste, precisan mantemento. O civismo, admite, tamén é importante. Non por el, senón polos enfermos.

- Son eles os que peor o pasan...

- Os que van ao Oncolóxico, por exemplo, veñen coa tensión e as defensas baixas, moi débiles e ata mareados. As fochancas abarcan todo o ancho da pista paralela a Camilo Veiras. Paso a modiño. Sentes que non sabes como facer o teu traballo. Ademais, no Oncolóxico non se pode saír nin virar sen subir á beirarrúa. Os coches aparcan na liña amarela.

- O problema da situación das estradas afecta a máis hospitais?

- Coñezo todos os hospitais de Galicia. Os accesos da Coruña son os peores. O Chuac é o único con atascos! Por riba, puxeron unhas bandas no chan. Non podes levar un meniño na incubadora desde o materno-infantil ata aquí para facer unha proba coa ambulancia vibrando. Con pacientes medulares é delicado. Un díxome: ‘Coidado cando entres por esa pista, que me fai moito dano’.

- Hai máis accesos en urxencias?

- Para o Quirón levo xente a hemodiálise. As dúas estradas que dan servizo ao hospital están desfeitas.