Antía Pérez: «A vida urbana expándese dando lugar ao fenómeno denominado cidade difusa»

A profesora de Socioloxía da UDC coñece ben os movementos de poboación que transforman as cidades


A Coruña / La Voz

A profesora de Socioloxía da UDC, Antía Pérez Caramés, coñece ben os movementos de poboación que transforman as cidades. 

-¿Que pasou para que a poboación da Coruña marchara fóra?

-Na perda de peso específico da Coruña incide principalmente o proceso de suburbanización, a través do cal expándese a vida urbana alén dos límites estritos da cidade cara á súa área metropolitana, dando lugar ao fenómeno que se denomina cidade difusa. Agora ben, os movementos migratorios de saída da poboación nos últimos vinte anos vense contrapesados con chegadas de residentes que fan que o balance migratorio sexa positivo e a composición coruñesa, máis plural.

-¿A Coruña non crece?

-Desde hai practicamente tres décadas a poboación non aumenta significativamente, pero isto débese máis á incidencia do saldo vexetativo que ao saldo migratorio. Ademais, a tendencia a deixar a cidade polos municipios da contorna está en decadencia desde a crise.

-¿Por que A Coruña non crece pero Pontevedra, por exemplo, si o fai?

-A intensidade dos procesos de suburbanización e desconcentración ten sido distinta no conxunto das cidades.

-¿É reversible o proceso?

-Na actualidade estanse a albiscar certos signos de reurbanización, con todo, máis que de reversibilidade, penso que se pode falar máis ben de novos equilibrios poboacionais.

-¿É distinto o perfil de quen se vai?

-Non hai diferenzas de calado. A Coruña está algo máis envellecida que no seu cinto, pero menos que en Bergondo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Antía Pérez: «A vida urbana expándese dando lugar ao fenómeno denominado cidade difusa»