Un sacerdote que traballou 23 anos cos fregueses do Burgo

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

A CORUÑA CIUDAD

xose castro

Mañá celebrarase una misa por José Ferreiro García na Coruña

27 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

José Ferreiro García naceu na parroquia de Santa María de Soutullo, na Laracha, e tras estudar no seminario de Santiago ordenouse sacerdote en agosto de 1959. O seu primeiro destino estivo na capital compostelá, no Castiñeiriño, e logo de traballar noutras vilas recalou en Boiro no ano 1987. Aínda que só estivo seis anos ao cargo da parroquia de Santa Baia do municipio barbancés, o seu traballo deixou unha fonda pegada entre os seus veciños. De feito, foi o primeiro sacerdote que impartiu unha misa en galego, e aqueles que o coñeceron destacan «o seu profundo amor por Galicia e pola Igrexa». O cura Marcelino Sánchez coincidiu con el e destacou que era unha persoa moi querida, sinxela e humilde, ademais de moi culta. «Sabía moitísimo de historia, arte, teoloxía e filosofía», apuntou, ademais de sinalar que sempre estaba axudando ás persoas máis humildes.

A enfermidade de súa nai fixo que José Ferreiro cambiara Boiro pola parroquia de Santiago do Burgo, en Culleredo, onde estivo traballando 23 anos ata que lle chegou a hora da xubilación. Precisamente alí celebrouse o seu funeral. Mañá, ás 12.00 horas, terá lugar outra misa na igrexa da Milagrosa na Coruña, que será oficiada polo arcebispo de Santiago.