Os tempos son chegados


Na cidade respírase tristura e indignación, pero tamén dignidade. Preto de mil familias coruñesas loitan polo seu futuro. Unímonos a elas. Chegou o momento. Debemos repensar qué modelo de cidade queremos. Para construír A Coruña do futuro precisamos unha industria forte e traballo cualificado, xusto o que podemos perder se marcha Alcoa (como pasou con Fenosa, R, Tabacos ou o Banco Pastor). Queremos unha cidade que aposte por atraer e reter coñecemento, ademais de xente moza, e na que as empresas invistan o dobre en I+D+i, como fan as europeas. As administracións deben facer todo o que está nas súas mans para favorecer unha actividade industrial competitiva e baseada na creación estable de valor no territorio. O futuro virá da man da orixinalidade e de pequenos proxectos industriais e tecnolóxicos que consigan colocar o seu produto nun mercado global. Só as cidades que sexan foco de atracción e de dinamización industrial poderán ofrecer expectativas. A Coruña debe loitar por reter investimentos como Alcoa e ser quen de facer medrar iniciativas locais con base tecnolóxica que valoricen os recursos autóctonos, os nosos, que son moitos e bos. Chegou a hora de actuar, pero tamén de pensar qué cidade queremos construír: o turismo e o sector servizos deben deixar paso e espazo (que o hai) á industria actual e do futuro. A Coruña: os tempos son chegados.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Os tempos son chegados