Adeus a un veciño que era exemplo de xenerosidade e humildade

O empresario carralés Martín Cortés, un dos máis queridos, faleceu o pasado domingo aos 82 anos


Calquera que coñecera a Martín Cortés Cacheiro un pouco so vai ter boas palabras sobre el. Foi un home moi querido en Carral, que sobresaíu por un talante sen igual de amabilidade, dispoñibilidade e conciliación. Unha moi boa persoa, en todas as facetas da súa vida.

Todo o que logrou procede da loita e do esforzo que realizou en toda a súa vida, superando unha infancia difícil naqueles tempos. A humildade no seu traballo foi o seu sinal de identidade. Con todo, sempre buscaba o tempo para o ocio, sendo un habitual das partidas de cartas ou da caza, outra das súas afeccións.

A súa vida é un exemplo de inmensa xenerosidade. Os seus achegados, amigos ou veciños sempre atoparon nel unha man tendida de axuda sen pedir nada a cambio. En Tabeaio existen espazos públicos, como o local social de Xente Nova ou a pista deportiva que son froito da súa doazón.

Martín fundou a compañía Canteras El Pozo no ano 1975 e despois entrou no capital de Áridos Reboira con sede en Ordes. Foi un dos fundadores da Asociación Galega de Áridos e a Cámara Oficial Mineira de GAlicia lle concedeu no 2015 o Premio Santa Bárbara pola súa traxectoria.

A súa figura perdurará na lembranza de todos os veciños e veciñas. Descanse en paz.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Adeus a un veciño que era exemplo de xenerosidade e humildade