O mellor fotógrafo galego do seu tempo

Xosé Castro

A CORUÑA CIUDAD

XOSE CASTRO

Alberto Martí Villardefrancos será enterrado hoxe en San Amaro

01 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

lberto Martí Villardefrancos foi o mellor fotógrafo galego do seu tempo. Foi un home que marcou unha pauta, unha maneira de fotografar. Non lle importaba subir, baixar, arriscar o que fora con tal de poder facer unha boa fotografía. Ten fotos e reportaxes que son únicas, feitas nuns tempos nos que era moi difícil facelas. Os seus traballos sobre a emigración son únicos e incomparables: haberá outros, pero os seus son os mellores.

Era un home todoterreo tanto na fotografía de sociedade como, sobre todo, no fotoperiodismo, con premios nacionais e internacionais que moita xente nin sequera sabe que os tiña. Foi o mellor fotógrafo do seu tempo, pero con un problema importante para ser recoñecido, que era o de ser tamén empresario, xa que tiña Foto Blanco, onde traballamos outros fotógrafos. Ese foi o seu grande inconveniente porque a elite da fotografía galega nunca o tivo en conta como fotoperiodista, senón só como empresario.

Empecei a traballar con el con pantalón curto, cando tiña 13 anos, e estiven ata os 18 levándolle o trípode, as placas... A través del eu aprendín a fotografía.

Humanamente sempre estivo moi preocupado polos problemas da Coruña e sempre estivo vinculado á Cociña Económica porque desde neno era moi amigo de Fernando Suárez, que foi presidente da entidade antes que el.

De todo o seu traballo falta por editar o libro Alberto Martí Villardefrancos, fotoperiodista, un volume que recolla esas cen fotografías súas, orixinais, magníficas, para facer ese gran libro que el non puido acabar precisamente pola súa dedicación á Cociña Económica.

Los voluntarios y el personal de la Cocina Económica destaca su profesionalidad

«Siempre nos quedará un recuerdo imborrable en los que fuimos sus compañeros, haciendo él constantemente gala de sentimientos muy humanitarios y solidarios en favor de la obra benéfico-social a la que está dedicada la Cocina Económica coruñesa». Esto indicaban ayer en Facebook los voluntarios y el personal de la Cocina Económica aludiendo a Alberto Martí. Para ellos era «el perfecto ejemplo de profesionalidad auténtica y de amor al prójimo».

Una calle. El PP anunció que en la Comisión de Honores y Distinciones del próximo miércoles pedirá que se le dedique una calle a quien desde el 2009 fue el presidente de la Cocina Económica.

El más veterano. La Asociación de la Prensa de A Coruña también lamentó el fallecimiento de su asociado más veterano.

Funeral y entierro. Hoy, a las 12.30 horas, habrá una misa por Martí en Servisa, y a las 13.00 horas saldrá para el cementerio de San Amaro.