A cicloxénese cultural de Lois Pereiro chega ao Rosalía

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

Mañana, ás 12.30 horas, con entrada libre ata completar o aforo

27 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo - Teatro Rosalía de Castro - 12.30 horas - Entrada libre ata completar o aforo

Desde Nova York ata Monforte, pasando por Connecticut, Vigo e A Coruña. A lembranza de Lois Pereiro, que o pasado día 16 cumpriría 58 anos, convertese nunha cicloxénese cultural que mañá, domingo, chega ao teatro Rosalía co espectáculo O fillo da furia. 20 voces por Lois. A cita para lembrar ao autor dunha obra «breve, contundente e radical», en palabras do concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, é as 12.30 horas.

Xosé Manuel Pereiro salientou os concertos que tiveron lugar en dúas salas de Nova York, os traballos de vídeo-creación e ilustración sobre o poeta e que «vaise editar a poesía última en catalán». Tamén anunciou novas actividades dedicados ao poeta como unha exposición en Monforte que aínda non ten data de celebración.

Desde a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega explican así o espectáculo do Rosalía: «Vinte anos e vinte voces novas canda outras que o propio Lois escoitou, e que seguen dando conta de que a súa obra continua viva, tamén entre as novas creadoras e creadores: Alfredo Ferreiro, Álvaro Antelo, Ana Romaní, Antía Otero, Dores Tembrás, Estíbaliz Espinosa, Iolanda Zúñiga, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mario Regueira, Miguel Mato, O Leo i Arremecaghona, Ramiro Torres, Rosalía Fernández Rial, Silvia Penas, Xavier Seoane, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Xulio Valcárcel e Yolanda Castaño». Tamén colaborarán as actrices Manuela Varela e Sabela Hermida.