San Amaro acolle hoxe unha homenaxe aos guerrilleiros Gayoso e Antonio Seoane

A CORUÑA CIUDAD

Debuxos dos guerrilleiros feitos por Siro para a homenaxe.
Debuxos dos guerrilleiros feitos por Siro para a homenaxe. siro lópez< / span>

O acto está organizado, como cada ano, polo Partido Comunista de Galicia

15 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A cita é ás 13.00 horas no cemiterio civil de San Amaro. Alí recibirán unha homenaxe José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, dous guerrilleiros comunistas que foron fusilados no ano 1948 e «os seus restos foron trasladados ás sepulturas 98 e 99 do cemiterio civil de San Amaro», apuntan os impulsores desta homenaxe que se celebra cada ano e que está organizado pola Agrupación da Coruña do Partido Comunista de Galicia; esta agrupación leva o nome de Joaquín González González, «que era coñecido como o panadeiro de Monte Alto», recordaba onte un portavoz da mesma.

No acto de hoxe en San Amaro intervirán Eva Solla Fernández, secretaria xeral do PCG e deputada por AGE, Xesús Alonso Montero, presidente do Foro pola Memoria e da Real Academia Galega e Jesús Redondo Abuín poeta represaliado durante o franquismo e secretario xeral do Foro pola Memoria.