«O fundamental é saber o porqué das malas conductas»

Montserrat Durán é docente de Personalidade en A Coruña.
Montserrat Durán é docente de Personalidade en A Coruña.
la voz

Monserrat Durán Bouza (Valdoviño, 1966) é profesora titular de Personalidade Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos).

-¿Que é importante ante os comportamentos problemáticos dos nenos?

-Identificar o que significan, polo que hai que pasar tempo con eles para coñecer o contexto no que se producen e ver se van asociados a algún acontecemento.

-¿Que consellos se lle pode dar aos pais?

-Son cousas de sentido común que tanto vale para nenos con discapacidade ou sen ela. Cando se dan esas condutas o recurso fácil é tratar de eliminalas, pero hai que observar por que se producen e tratar de dirixir o comportamento. Para iso temos que basearmos no reforzo positivo, premialos cando fan ben as cousas. Iso serve para todos. Hai que ensinar que facer as cousas ben ten consecuencias agradables e cando se fan mal ocorre o contrario. A nosa tendencia é a evitar o que resulta desagradable. Todos nos movemos igual.

-¿Consiste todo en premiar as boas condutas?

-É preferible, se se pode, o reforzo positivo, pero cando o neno se está facendo dano a si mesmo ou a outros hai que aplicar algún tipo de consecuencia desagradable, non pegarlles, senón quitarlles algo que lles gusta. Pero o fundamental é saber o porqué das malas condutas. Moitas veces un neno autolesiónanse porque busca atención ou pórtase mal no colexio porque non lle gusta a actividade que está a facer. Se lle damos o que busca ao atendelo ou sacalo da aula corremos o perigo de reforzar esa conduta. Chegan á conclusión de que se fan determinada cousa obterán aquilo que desexan. Se sempre conseguen o mesmo resultado a conduta é difícil de cambiar.

-¿Pero para os pais ten que ser difícil ese control?

-Para un pai é moi difícil porque quere darlle o mellor aos seus fillos. Cortar con este tipo de condutas custa moito, pero se non hai castigos continuarán aparecendo eses problemas. Hai que aplicar algunha consecuencia desagradable porque senón perpetúanse nunhas condutas que lles impide ser felices.

-¿Como se pode conseguir?

-Dificilmente. Os pais sempre deberían ter por detrás un profesional que lles vaia dicindo qué e cómo facelo.

-Ten que ser duro, sobre todo con rapaces con discapacidade.

-A nivel emocional é difícil. Moitas veces en consulta hai que tratar más aos pais. Ás veces veñen por eles mesmos, pola situación na que se atopan. A educación sempre é complicada, pero ás veces é peor.

-¿Cree que son importantes as asociacións como Aloumiños e este tipo de encontros?

-Si, para que sexan conscientes de que hai outras familias con dificultades similares. Neste tipo de foros poden contar a súas experiencia e confrontala coa de outros.

La colaboración de la asociación Aloumiños, de familias de niños con necesidades especiales, y la Universidade de A Coruña tuvo ayer su segunda sesión, centrada en el control del comportamiento, tanto a nivel de conducta como neurología. Hubo muchos asistentes en el Fórum, como en la primera actividad de un programa que se mantendrá hasta la primavera. Además, hoy es la segunda sesión del taller para niños con trastorno del espectro autista, una actividad en la que participan una decena de familias de toda la zona.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«O fundamental é saber o porqué das malas conductas»