«O prezo da castaña foi máis baixo polo tempo»

[CÉSAR DELGADO] < / span>

A CORUÑA CIUDAD

12 nov 2014 . Actualizado a las 21:17 h.

pai de Fernando Penas Sánchez (Paderne, 1958) herdou unhas fincas que decidiu converter en soutos, agora a familia complementa a economía familiar coa recollida de castañas neste tempo.

-¿Canta castaña recollen?

-Varía moito dun ano a outro, este ano collemos bastantes menos, uns 2.000 quilos. Temos moitos castiñeiros que non dan castaña para a venta, que da castaña moi rica para comer, pero non vale para a venta porque o que vai a froitería quéreas boas.

-A xente quéixase de que este ano hai poucas.

-Si, veu menos, non sabemos o motivo, pero eu penso que é polo tempo.

-¿E o prezo?

-Foi un pouco máis baixo, o motivo foi o tempo. Porque colleu uns días moi bos de sol e de calor e entón a xente non lle apetece tanto coma un día de frío. Vendeuse máis mal, este ano cobramos 1,60 euros o quilo, cando o ano pasado cobrámolo a un 1,80.

-¿Como é a castaña da zona?

-Aquí é moi boa, moi boa. Levamos anos vendendo as mesmas persoas e din que é boa.

-¿A quen venden?

-Nos facémolo no mercado central da Coruña. Cando o meu pai comezou a vender intentouse vender a froiterías e a supermercado, pero só che collen unhas poucas e habería que buscar máis locais, pero nós non nos dedicamos a castaña, temos outro negocio. Nós témolas e agradécense eses cartos, pero é moi custoso, tamén hai que dicilo.

-¿Apáñannas vostedes sós?

-Si, apañámolas os da casa. E lévannos unhas tres semanas, ao mes é difícil que chegue.

-¿Teñen problemas cos que lles van a elas?

-Aquí non hai problema. Máis ou menos todo o mundo ten castañas para consumo propio. Sempre hai alguén que che vai a elas, pero non é un roubo.

O

Fernando Penas Sánchez

Produtor de castañas

Fernando Penas Sánchez, xunto a un posto de castañas na feira de Santos en Betanzos

«Aquí é moi boa, moi boa, pero tamén é un negocio custoso»

[Dolores Vázquez]