Exposición sobre Díaz Castro na biblioteca González Garcés

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

A exposición divulga a vida e a obra de Díaz Castro.
A exposición divulga a vida e a obra de Díaz Castro. Paco Rodríguez< / span>

A mostra inaugurouse o día no que «Nimbos», a principal obra do protagonista do Día das Letras Galegas publícase en inglés

11 sep 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A exposición Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz está desde onte na Coruña. A mostra dedicada ao protagonista do Día das Letras Galegas está a percorrer a xeografía galega para dar a coñecer a obra deste poeta de Guitiriz. Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, apuntou no acto de inauguración da mostra que acababa de saír do prelo a versión en inglés de Nimbos, a obra máis coñecida do escritor de Guitiriz. A tradución foi feita por John Rutherford, catedrático, xa xubilado, en Oxford e que hai dous anos recollía o nomeamento de doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.

Armando Requeixo, un dos comisarios da exposición xunto con Luis González Tosar e Alfonso Blanco Torrado, salientou a relación de Díaz Castro co poeta coruñés Miguel González Garcés, que da nome a biblioteca na se pode ver a exposición ata o día 16. Froito desa relación foi que o libro de Díaz Castro Poesía galega de postguerra (Edicións do Castro), publicado en 1976, foi prologado por González Garcés.

Despois da inauguración da mostra, na que tamén participou o director xeral de Política Lingüística, Valentín García, entre outras autoridades, Requeixo fixo un recorrido explicando os distintos paneis que forman a mesma e que son como «unha estación vital» do escritor.

A exposición, promovida pola Consellería de Cultura, conta tamén cos audiovisuais de Xosé Antonio Cascudo, autor dun documental sobre o escritor que acompaña a unha das fotobiografías publicadas sobre o mesmo.

Biblioteca González Garcés (Elviña)

Horario: 8.30 a 20.30 de lunes a viernes y de 10.00 a 14.00 horas los sábados.