Díaz Castro volve a encontrarse con Miguel González Garcés

Rodri García A CORUÑA

A CORUÑA CIUDAD

A exposición «Nimbos de luz» chega a biblioteca de Elviña ao mesmo tempo que o principal libro do homenaxeado o Día das Letras Galegas se publica en inglés

10 sep 2014 . Actualizado a las 20:58 h.

Nova parada, esta vez na Coruña, da exposición Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, que desde hai meses está recorrendo a xeografía galega. Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, apuntou no acto que onte mesmo saía do prelo a versión en inglés de Nimbos, a obra máis coñecida do escritor de Guitiriz. A traducción foi feita por John Rutherford que hai dous anos recibía o nomeamento de doctor honoris causa da Universidade da Coruña e que está casado cunha galega.

Armando Requeixo, un dos comisarios da exposición, salientou a relación de Díaz Castro co poeta coruñés Miguel González-Garcés que da nome a biblioteca na se pode ver a exposición. Froito desa relación foi que o libro de Díaz Castro Poesía galega de postguerra (Edicións do Castro), publicado en 1976, foi prologadado por Garcés.

Na inauguración da mostra, na que tamén participou o director xeral de Política Ligüística, Valentín García, entre outras autoridades, Requixo fixo un recorrido polos distintos paneis que forman a mesma e que son como «unha estación vital» do escritor.

A exposición, promovida pola consellería de Cultura, conta tamén con audiovisuais de Xosé Antonio Cascudo.