«Hai autores novos que a xente se perde porque non están nun palé dun híper»

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

15 dic 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

-¿Considérase un froito do bum da literatura infantil e xuvenil que se deu en Galicia nas últimas décadas?

-Totalmente. Penso que me forneceu como lectora, pero non só a propia, tamén a universal. Ter a opción de ler clásicos como Onde viven os monstros, de Maurice Sendak ou As bruxas de Roald Dahl en galego paréceme fundamental. Iso é a normalidade.

-¿Que lle gusta das librarías?

-Investigar nelas. Gústanme aquelas nas que se ve moito libro e ti te podes perder dentro e estar ó teu. En Santiago, a miña libraría é Couceiro. E na Coruña, onde vivín dende os dezaoito ata os vintetrés anos, ía á libraría Xiada, que está na avenida de Finisterre.

-Cando este verán presentou «Raíz da Fenda» na Feira do Libro da Coruña, lembrou que é das que fan listaxes cos libros a mercar e acude ás presentacións e ás firmas de autores.

-Si, foi curiosa a sensación de estar noutro lado por unha vez. Presentar este poemario entre o barullo da feira foi lindo.

-¿Está o mercado saturado?

-Hai autores novos interesantísimos que moita xente se perde porque non están nun palé do hipermercado. Pero respecto que a xente lea o que lle peta.

-«A arte do fracaso» (2010) foi traducido ó xaponés. ¿Que sensación lle produce?

-É emocionante e estraño porque ábrese ao revés, o lombo está noutro lado e non entendo nada do que di... Non sabes por onde abrilo sequera, pero é xenial.