Homenaxe cívica a Isaac Díaz Pardo en Boisaca polo seu cabodano

O tributo levará o título dun poema de Lorenzo Varela: «Unha cesta de pombas e mazás»

la voz

O vindeiro sábado 5 de xaneiro cumprirase un ano do pasamento do intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo (Compostela, 1920-A Coruña, 2012). Para conmemorar ese primeiro cabodano algúns dos seus amigos e achegados reuniranse o sábado, ás doce e media, no cemiterio compostelán de Boisaca para renderlle unha «homenaxe cívica», segundo vén de anunciar o académico e colaborador de La Voz Xesús Alonso Montero. A súa será unha das voces que se escoite ese mediodía en Santiago para lembrar a unha das figuras más sobresaíntes da cultura galega do século XX.

O tributo levará o título dun poema de Lorenzo Varela: Unha cesta de pombas e mazás, que será recitado por Xosé Ramón Fandiño, que foi un dos colaboradores de Díaz Pardo. Tamén participarán na homenaxe, entre outros, Fernando Salgado, Luz Pozo e Claudio Rodríguez Fer.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

Homenaxe cívica a Isaac Díaz Pardo en Boisaca polo seu cabodano