Galebook presenta en A Coruña un libro ilustrado sobre Man

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

17 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

A editorial Galebook, cofundada pola cormelá Estela Moreira, volve a virar a vista cara esta comarca para presentar unha obra que ten como protagonista a un dos personaxes máis coñecidos da zona, aínda que tristemente falecido hai agora dez anos, Man.

Coincidindo precisamente co aniversario da súa morte, a profesora e escritora coruñesa Beatriz Maceda Abeleira e a ilustradora asturiana Laura Veleiro Suárez xuntaron esforzos para dar forma a Man, o Alemán de Camelle, un libro destinado ao público infantil que relata en clave de historia ilustrada parte do periplo vital deste artista que fixo dun pequeno anaco da Costa da Morte o seu fogar e o centro do seu universo creativo.

A obra, coa que as autoras queren render homenaxe á memoria e o legado de Man, será presentada esta tarde (ás 20.00 horas) na Biblioteca de Estudos Locais de A Coruña cun acto no que participará o escritor Manuel Rivas.

Man, o Alemán de Camelle será comercializado tanto en formato impreso como en dixital.