Día das Letras Galegas 2011, Lois Pereiro

Xulio Ríos

A CORUÑA CIUDAD

14 may 2012 . Actualizado a las 19:27 h.

Lois Pereiro é a voz á marxe do seu tempo. O seu expresionismo, lirismo doente e rebeldía asócianse cunha estética contracultural que emerxe da súa propia experiencia individual e da visión dun país ensombrecido e dun mundo que semella ir a contracorrente do sentir profundo da propia humanidade. A súa singularidade como poeta devén dunha concepción da modernidade contestaria, radical alén do social, comprometida cos ideais emancipadores nunca abandonados, coas realidades inconvenientes. Un cidadán de mundo, un poeta universal, un galego disipador de néboas e axitador de conciencias, contundente e preciso. Trala fraxilidade que aparenta podemos descubrir un pouso sólido e rompedor expresado en forma de rexeitamento de todo dominio. Faise por tanto difícil de institucionalizar. Tampouco o desexaba. É a súa unha apelación medida, vital e consciente a superar esa normalidade abafante que impera entre tanta indiferenza acrítica abeirando as máis lúcidas proclamas. Con Lois, non podemos ser neutrais.

* Obra

-Poemas 1981/1991, 1992

-Poesía última de amor e enfermidade, 1995

-Poemas para unha loia, 1997

-Obra poética completa, 2011

Lois Pereiro

*Monforte de Lemos, 1958

*A Coruña, 1996