As librerías galegas incorpóranse á máis grande plataforma en rede

camilo franco SANTIAGO / LA VOZ

A CORUÑA CIUDAD

Cegal ten rexistradas máis de 1.700.000 referencias de libros

15 nov 2011 . Actualizado a las 10:55 h.

Os libreiros galegos sumáronse a Cegal, unha plataforma na que están presentes os libreiros, distribuidores e editores, e que na actualidade supón o máis grande escaparate dos libros en España, sobrepasando 1.700.000 referencias.

A parte galega chámase Cegal en Rede e a través da web todostuslibros.com permitirá aos lectores localizar e obter información sobre o máis grande catálogo de libros en calquera das linguas de España. Ademais de localizar un título, esta plataforma indica o número de librerías no que esa referencia está nos fondos e ofrece una ligazón web para o caso das librerías que teñan ese tipo de venta en rede. Nos outros casos ofrece a localización da librería.

Pero Cegal é unha ferramenta que ofrece posibilidades aos profesionais. Entre elas, información sobre onde e como se venden determinados títulos, números de exemplares que ten cada librería e outra serie de datos que, segundo o presidente dos libreiros galegos, Xurxo Patiño, «permitirá ter unha información detallada do mercado dos libros».