O CGAI proxecta «El andamio»

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

15 dic 2008 . Actualizado a las 23:17 h.

O CGAI pecha hoxe (20.30 horas) o ciclo Contos de Marineda. A Coruña e o cine coa proxección con carácter de dobre estrea da copia restaurada de El andamio (1958), de Rogelio Amigo, e o documental sobre a película, 50 años en el andamio (2008), de Ángel Rueda. A presentación contará coa presenza do director Rogelio Amigo, o actor José María Pujalte, un dos produtores da película, Antonio Docampo, e o director do documental, Ángel Rueda.

El andamio, película rodada na cidade da Coruña en formato 16 mm, baixo a dirección de Rogelio Amigo e produción e realización dos irmáns Docampo, cumpre 50 anos. Restaurado o negativo orixinal da película polo Centro Galego de Artes da Imaxe en 2008, son moitos os elementos de interese contidos neste traballo que se proxecta en sesión dobre con 50 años en el andamio (2008), documental de Ángel Rueda que desentraña as principais claves e elementos de pervivencia do título orixinal.

20.30 horas. Gratis