Para o autor de Cando petan na porta pola noite, este novo libro entende que os seus lectores «non van dicir que din un chimpo e cambiei de maneiras, pero hai algunhas diferenzas con obras anteriores, quizais está menos ligada aos xéneros tal como se entenden».
Para Xosé Cobas, o traballo dun debuxante é «mirar o que hai na trastenda do texto» e neste sentido cre que «hai que permanecer un pouco por detrás para poder facer unha interpretación gráfica do que o texto quere dicir desde as palabras». En calquera caso, asegura que «non debe ser redundante».